Convivir co radon

0

Teo, 29 de setembro do 2021 – O Concello de Teo presentou os resultados do Informe de radon residencial realizado no Concello polo laboratorio de Radon da USC,

A concelleira de Urbanismo, Uxía Lemus, e Alberto Ruano, profesor da USC explicaron o traballo de medicións realizado en 140 vivendas e as conclusións ás que chegaron. Na presentación tamén se fixeron recomendacións para evitar a exposición ao gas radon por riba das recomendacións europeas

O traballo

As veces os medios de comunicación transmitimos as novas dun xeito que alarma no canto de informar. Unha saturación de novas sobre o gas radon foi o que levou a primeira tenente de alcalde de Teo, Uxía Lemus, a consultar coas fontes, co laboratorio que a USC ten dedicado a estudar este gas e de esa consulta saíu este estudo

O radon emana da terra e os datos non se apartaron moito das previsións do experto da Universidade Alex Ruano. A cuestión é que un non se pode desfacer do gas para sempre, hai que convivir con el e iso leva a actuar cando aparecen os problemas pero sobre todo a previr desde o momento no que se constrúe a casa

Precisamente a presenza de gas radon, tal como confirmou o estudo, ten que ver moito co ventilada que estea a casa. Nas casas máis vellas, cunha arquitectura máis tradicional, na que o chan é moitas veces de terra en sotos pouco aireados, os niveis son máis altos

Agora toca informar dos datos e sobre todo asesorar a cidadanía que moitas veces non coñece nin normativas nin as axudas que existen para corrixir a presenza do gas nas casas. Como explica Uxía Lemus  o principal e buscar a expertos antes de meterse en gastos que poden acabar por non solucionar nada

O traballo realizado ven a demostrar a importancia da información para afrontar os problemas e tamén a necesidade de colaborar cos expertos da Universidade de Santiago. A presenza da USC de xeito activo na sociedade ten que ser cada vez maior pero a implicación dos concellos, como sucedeu en Teo, é fundamental.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial