Coplas de entroido na Baña

0

A Baña, 11 de febreiro do 2021 – A Baña súmase como o resto dos concellos ao entroido virtual e en este caso aposta por un concurso de coplas.

Concursos de máscaras, de disfraces invisibles, atranques en liña son algunhas das opcións do entroido 2021 na bisbarra. A todo isto súmase esta iniciativa na que as coplas en vídeo competiran poos premios outorgados polo concello da Baña.

2 minutos de orixinalidade

O Concello da Baña convoca o I Concurso de coplas en liña para sustituir ao tradicional desfile anual de San Vicenzo.

Os participantes deberán rexistrarse e subir ao Facebook do concello un vídeo que non supere os dous minutos de duración. O concurso contará con tres premios, un por cada categoría, dotado de 100 euros para gastar no comercio local bañense.

O obxectivo é manter a tradición do entroido e propiciar actividades de lecer de xeito seguro, valorar as tradicións como riqueza cultural e fomentar o consumo no comercio e a hostalaría locais.

Poden participar todas as persoas que o desexen, pertenzan ou non ao Concello da Baña.

Inscrición e premios

Os interesados deben rexistrarse ata o 17 de febreiro enviando un correo electrónico ao enderezo snl@concellodabana.gal. No asunto porán I Concurso en liña de Coplas do Entroido: En el farán constar nome, DNI,  idade e teléfono dos participantes, así como a categoría na que se inscriben e o título da súa copla.

Establécense tres categorías por idades: infantil (ata 9 anos), xuvenil (de 9 a 18 anos) e adultos (a partir de 18 anos). No caso de grupos, todas as persoas integrantes deberán ser conviventes e ningunha delas pode superar a idade marcada para cada categoría.

No caso de concursar menores, terá que figurar o consentimento expreso do representante legal e os datos deste.

Repartiranse tres premios de 100 euros para o primeiro clasificado de cada categoría e haberá tamén un premio do público, a aquela copla con máis Me Gusta, que levará un lote de libros. Os cartos poderán gastarse ata o 31 de maio en empresas de servizos, alimentación, hostalaría ou restauración ubicadas no termo municipal da Baña.

Orixinalidade

Confirmada a inscrición á volta do correo, as persoas participantes subirán ao Facebook do Concello da Baña un vídeo que non supere os dous minutos de duración como comentario á publicación na que se anuncia o concurso. Cada persoa só poderá participar cun máximo de dúas coplas. O prazo para publicar os vídeos remata o 19 de febreiro.

As coplas terán que ser cantadas en galego, ser orixinais e ter un mínimo de oito estrofas. O xurado valorará aspectos como a letra, a interpretación, a posta en escena, o enxeño ou a relación con temáticas da contorna ou do propio Entroido.

Related Images:

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial