Bisbarra, 20 de xaneiro do 2021 – Os casos de Covid nos centros educativos da Área Sanitaria non deixan de subir, si o sábado pasado eran 300 onte martes chegaban aos 371.
Nos colexios de primaria e institutos había 13 aulas pechadas no día de onte según os datos da Consellería de Educación. Nosa Señora dos Remedios en Santiago ten a maior incidencia con 11 casos de contaxios por Covid; o CPI de Pontecesures e a Compañía de María e La Salle en Santiago contan 9 contaxios; o CFIP de Compostela ten 8 contaxios; e o IES Camilo José Cela de Padrón, o Antón Fraguas e o Rosalía de Castro en Santiago, e o CPI de Bembibre en Val do Dubra con 7 son os que teñen máis contaxios.
Enfermeiras nas aulas
coincidindo coa escalada de casos en centros educativos, que se reproduce en toda España, o Sindicato de Enfermería SATSE asegura que “Contar cunha enfermeira escolar evita gran parte dos brotes nos centros educativos”.
SATSE emitiu onte un comunicado a nivel nacional que podería coincidir co que sucede na Área Sanitaria. O sindicato asegura que según os datos do Ministerio de Sanidad “producense case catro veces máis brotes nos colexios e institutos que nos centros sanitarios”.
SATSE subliña que os brotes nos centros educativos poderían evitarse na maior parte se se implantara de maneira xeneralizada a figura da enfermeira escolar para realizar os labores de coordinador COVID-19. Poñen como exemplo o caso de Andalucía onde a presenza de enfermeiras en colexios e institutos fai que o 98,9 por cento dos centros educativos da Comunidade Autónoma están libres de Coronavirus e non se produciu o peche de ningún centro.
O Sindicato lembra que a Organización Mundial da Saúde (OMS) xa se mostrou partidaria ao comezo do curso de contar cunha enfermeira nos colexios e institutos para que puidese converterse nunha “barreira” efectiva e eficaz #ante a propagación do virus entre os nenos, nenas e novas.
“A realidade constata, día tras día, que resulta moi necesario que os centros escolares do conxunto do Estado conten cunha enfermeira ou enfermeiro que, ademais de atender e protexer aos nenos, nenas e novas, faga un labor preventiva e de vixilancia fundamental nos actuais momentos de pandemia”, apuntan desde a organización sindical.