A rede de coworking da Deputación ampliarase en Compostela e A Pobra

0

Bisbarra, 22 de decembro do 2021 – O ‘Coworking A Pobra’ e o ‘Coworking Dixital CCompostela’ pasarán a formar parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo da Deputación.

O pleno da Deputación aprobou dúas propostas para adhesión e dinamización do ‘Coworking A Pobra’ á Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo e para o financiamento do proxecto de desenvolvemento do ‘Coworking Dixital CCompostela’, que está previsto que despois tamén se incorpore.

Coa incorporación do Coworking A Pobra son xa 10 os centros integrantes da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo posta en marcha desde o Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña. Ata agora a Rede estaba integrada polo  Pazo de Arenaza en Oleiros, polo Coworking de Carballo, o espazo de transformación Daquí Darredor en Brión, o LabBarbanza de Boiro, o Coworking A Capela, o centro de desenvolvemento comarcal A Fusquenlla de Moeche, o Green Coworking das Pontes, o centro de emprendemento A Estación de Vedra e o coworking A Proa de Ames.

Coworking A Pobra

O espazo colaborativo ‘Coworking A Pobra’ consta dun espazo de 143,23 m2 con capacidade para acoller 10 iniciativas emprendedoras: o espazo Emprende, con capacidade para 8 módulos de traballo dotados con mobiliario individual común, preferentemente para persoas emprendedoras que teñen a vontade de crear a súa propia empresa e o espazo Nómades, con capacidade para 2 módulos que se configuran preferentemente para usuarios externos que non permanezan de modo continuado no centro, senón por períodos de tempo moi concretos. Ademais pon a disposición das persoas emprendedoras e empresarias unha sala de reunións, un espazo de usos múltiples, cociña, zona de descanso, aseos e espazo de almacén e acceso a internet.

Para dinamizar a actividade deste centro a Deputación achegará 24.811,60 euros, o que supón o 80% do total do custo do proxecto, para a contratación dunha asistencia técnica que preste apoio na xestión e dinamización do coworking, para por en marcha un campus de emprendemento con perspectiva de xénero e para impulsar unha experiencia piloto para a promoción do sector primario dende o espazo coworking.

O Campus de emprendemento con perspectiva de xénero nace para estimular o espírito empresarial, combinando sesións teóricas con visitas a empresas competitivas e sostibles implantadas no concello da Pobra do Caramiñal ou na comarca do Barbanza. Servirá, polo tanto, de punto de encontro e interacción entre mulleres con potencial emprendedor e empresas lideradas por mulleres.

Ademais, con esta iniciativa desenvolverase unha experiencia piloto para implicar aos veciños e veciñas do concello da Pobra do Caramiñal con terreos de cultivo destinado ao autoconsumo para a comercialización dos seus excedentes alimentarios, que se integrarán nas actividades de dinamización do espazo de coworking.

Coworking Dixital CCompostela

O pleno aprobou tamén o convenio entre a Deputación da Coruña e a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela para a formalización dun convenio de colaboración para o desenvolvemento do proxecto ‘Coworking dixital CCompostela’, no marco do Plan de Emprego Local (PEL).

O ‘Coworking Dixital CCompostela’ busca apoiar a transformación das pemes no momento actual de reflexión sobre a dixitalización que se leva a cabo en España e Europa, como vía necesaria para reforzar a súa produtividade, a súa competitividade, o seu crecemento e a súa internacionalización e, en certos casos, incluso a súa supervivencia. Para cofinancialo a Deputación achegará 37.789,50€ de fondos propios, o que supón o 20% do total, que ascende a 188.947,52 €.

Ofrecerá apoio no só tecnolóxico, senón tamén no desenvolvemento de novos modelos de negocio baseados na economía dixital, ademais de prestar apoio noutras áreas como o financeiro e formativo. O coworking abarca unha completa batería de servizos en torno ás dimensións de negocio, financiación e xestión da innovación e a transferencia de tecnoloxía, poñendo especial énfasis nos aspectos relacionados coa colaboración e o networking.

O proxecto ten un marcado carácter supramunicipal xa que o seu ámbito de actuación é o mesmo que o da Cámara de Comercio de Santiago, que comprende un total de 32 concellos da provincia: A Baña, Ames, Arzúa, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Carnota, Dodro, Lousame, Mazaricos, Melide, Muros, Negreira, Noia, O Pino, Outes, Padrón, Porto do Son, Pobra do Caramiñal, Rianxo, Ribeira, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Teo, Touro, Toques, Vedra e Vilasantar.

En definitiva, a posta en marcha do “Coworking Dixital Ccompostela” incidirá directamente no crecemento económico da zona, a través da especialización tecnolóxica nos sectores produtivos industriais mediante a aplicación de tecnoloxías dixitais, todo iso baseado nun modelo innovador de transferencia de coñecemento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies