Crece a oposición a implantación indiscriminada de eólicos

0

Bisbarra, 27 de xaneiro do 2021 – A Rede Galega por un Rural Vivo ven de unirse a unha iniciativa da Plataforma para la Defensa de la Cordillera Cantábrica en contra da implantación de parques eólicos.

Son 103 entidades de toda España as que presentan o vídeo “aqui no” que reclama a exclusión das áreas de alto valor ambiental da implantación de novos complexos de xeradores eólicos. No vídeo colaboran máis de 40 persoas do ámbito universitario, literario, musical, ou periodístico entre outros.

 

A Cordilleira Cantábrica, igual que moitos territorios galegos, é un dos destinos elixidos polos inminentes proxectos enerxéticos de gran envergadura que comprometen o futuro desta zona natural e dos seus habitantes, igual que ocorre no rural Galego, tal e como denuncia a Rede Galega por un Rural Vivo.

A campaña «Aquí No» é una iniciativa dirixida a sensibilizar sobre a necesidade de evitar que enclaves con altos valores ambientais e paisaxísticos e, en especial, os do entorno da Cordilleira Cantábrica, sufran o aluvión de novos complexos de aeroxeneradores actualmente proxectados.

parques eólicosA Rede Galega por Un Rural Vivo tamén ven de publicar un manifesto de 15 puntos titulado Aldeas Con Horizontes que xa reúne máis de 85 apoios, e máis de 1500 sinaturas en change.org

Como recentemente afirmaba a Ministra para a Transición Ecolóxica, a implantación de renovables debe ir da man da conservación da biodiversidade. Con todo, é obrigado ir máis alá das palabras e das boas intencións. Faise necesario unha planificación rigorosa e unha zonificación de carácter vinculante.

Máis de 6.000 eólicos

Actualmente son más de 6.000 os aeroxeradores que se encontran implantados dende o norte de Navarra ata as costas galegas, unha porcentaxe non pequena deles sobre áreas de alto valor natural, incluíndo Rede Natura2000. O mesmo ocorre en Galicia, onde existen numerosos parques eólicos xa en Rede Natura 2000 e moitos novos proxectos que ameazan estas zonas protexidas. Non podemos continuar implantando indiscriminadamente proxectos eólicos e liñas de alta tensión en territorios naturais protexidos nin nas aldeas, moitas delas xa levan aportando recursos (grandes embalses, minería, térmicas…) nos últimos 60 anos cun alto coste ambiental e social. Desde a Rede engaden que “So temos unha Cordilleira Cantábrica, e so temos un monte Iribio, uns Ancares, un Courel…. e temos a obrigación e o dereito de protexelos, así como de defender a dignidade e a vida no rural”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial