Crece a preocupación polo estado da atención primaria na bisbarra

0

Bisbarra, 7 de outubro do 2021 – Crece a preocupación pola situación da atención primaria na bisbarra e o sindicato CIG acusa á xerencia de inoperante.

O sindicato denuncia axendas na primaria con máis de 70 personas para atender nunha xornada e que se trata recorrente. Tamén denuncia o uso de medias xornadas de tres horas fronte as sete que se precisarían.

O caso de Portosín

Poñen como exemplo de mala xestión o sucedido no peirao de Portosín onde ” ante unha gravidade, a escasos metros de centro de saúde, o médico de Portosín estaba a cubrir a media xornada de Xuño e estaba o centro sin presenza médica só de enfermería”.

CIG denuncia que non se atopan profesionais para cubrir prazas e as cuotas se reparten entre o resto dos traballadores ou que os permisos de conciliación son denegados “sistematicamente” no último momento pasando a carga aos compañeiros.

No comunicado o sindicato pregúntase “quen controla Quén controla ou inspecciona as actividades ou procedementos?”. Cig engade “serán os propios profesionais da primaria os que o fagan ante a incompetencia da xerencia?”.

Algo previsible

O sindicato lembra que esta situación foi algo do que se ven advertindo nos últimos anos. O número de incorporaciónes era inferior ao número de xubilacións, a prolongación da vida laboral ata os 70 anos so serviu oara retrasar os problemas.

Por outra banda, existe o estrangulamento da Taxa de Reposición, da que se pide a súa revogación por parte da Administración, e que limita o número de prazas que se poden dispoñer no sistema.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial