Criaturas míticas, un novo xogo de cartas en galego

0

Compostela, 8 de novembro do 2021 – Criaturas míticas ven de acadar a financiación necesaria para converterse en realidade. Un xogo de cartas, creado en galego, que pon en valor a riqueza das historias de culturas minoritarias de todo o mundo.

Ana Santiso encargouse das ilustracións, coidadas e que incorporan datos sobre a súa orixe. Fernando M. Cimadevila foi o responsable de deseñar a mecánica do xogo partido do traballo de Ana.

Falamos con eles, aproveitando a presentación que fixeron na tenda Astora da que falamos aquí , para coñecer un pouco máis das súas inquietudes e do propio xogo.

Fernando explica que é un xogo que nace de forma atípica xa que primeiro foron as imaxes e despois o xogo

Ana explica de onde nacen as imaxes, inspiradas todas en crituras míticas de distintas culturas

O galego forma parte do ADN do proxecto. Fernando ten unha editora en galego , Contos estraños, e a proposta naceu no Culturgal . O feito de que se difundan co xogo culturas minoritarias era un argumento de penso para que nacera en galego.

O xogo está pensado para dous xogadores e unha duración duns 45 minutos. Os tempos no que todo o que non fora tute ou escoba era mirado con desconfianza xa pasaron. O crecemento de este tipo de ocio, no que poderíamos incluir video xogos ou cómics, non deixou de crecer nos últimos anos

Aínda estades a tempo de colaborar co proxecto na web de Kikstarter. Cun pouco de sorte poderedes ter un de cara ao Nadal para agasallar a alguén. A vantaxe ademais é que ao estar feito aquí todo iso do colpaso de mercadorías non afectará, non hai nada como o produto local.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial