Curso de economía GIG organizado polo concello de Vedra

0

Vedra, 3 de maio do 2021 – O concello de Vedra e AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) organizan un curso online sobre economía GIG.

Vedra é un dos impulsores dun proxecto sobre este tipo de economía apoiado pola iniciativa ERASMUS+. No curso poderán participar 20 persoas de toda Europa correspondendo cinco delas a España. Os empadronados en Vedra terán prioridade de acceso.

Destinado a persoas que se inician no traballo

O curso está destinado a persoas de calquera nivel de formación, preferiblemente que se inicien no mercado laboral. Será impartido en liña e en inglés os días 18, 19 e 21 de maio.

O programa contempla temas como a introdución á economía GIG e cales son este tipo de traballadores; posicionamento do mercado, identidade de marca e marketing; e implicacións económicas e legais da economía GIG.

Todos os materiais que se utilizarán durante esa semana de formación serán publicados en www.enteringthegigeconomy.eu . As inscricións poden formalizarse no seguinte enlace. A data límite é o 5 de maio as 23:00 horas.

Economía GIG

Vedra e AGACA levan tempo traballando en este proxecto como xa contamos no seu día. Con este curso os interesados aprenderan alfgo máis sobre as vantaxes e os riscos que comporta este modelo de traballo.  Ao finalizar a súa participación, estarán mellor equipados para entrar no mercado laboral e saberán defenderse contra a posible explotación na economía GIG.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial