Curso en Boqueixón de segumento de colmeas

0

Boqueixón, 3 de novembro do 2021 – O de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude  acolle desde o vindeiro sábado un curso de seguimento de colmeas no marco da apicultura ecolóxica.

A formación está organizada pola Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria. Serán un total de nove horas distribuídas nos sábados día 6 e 13. O obxectivo principal e coñecer as novas técnicas no manexo das colmeas.

O curso comezará abordando a revisión das colmeas de cara á campaña, o cambio de enxames, o seguimento da presenza de varroase e a evolución da produción de mel. No segundo día tratarase a análise de datos sobre a varroase e os tratamentos posibles, os resultados da campaña en canto á produción de mel, a revisión das colmeas e as medidas contra a avespa velutina.

O curso está dirixido en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este.

Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Precisamente nesta páxina pode atoparse o referido curso e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes, que deberán remitirse cubertas ao enderezo electrónico cursos.agacal.sergude@xunta.gal. Os interesados en asistir poderán solicitar calquera información adicional chamando ao teléfono 881 867 331.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial