Debate no parlamento sobre o proxecto de parque eólico de Troitomil (audio)

0

Bisbarra, 14 de abril do 2021 – O Partido Socialista leva ao Parlamento o impacto ambiental do Parque eólico de Troitomil, que afectará aos concellos de A Baña e Negreira, polas súa proximidade as vivendas.

O voceiro de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, presentou unha pregunta no Pleno do Parlamento na que comezou explicando a posible vulneración de lei no fraccionamento dos proxectos e o impacto ambiental que suporá o parque de Troitomil

Na resposta o  Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde López, acusaba ao socialista de confundir aprobación con tramitación e lembraba que a Xunta anulou algún dos muiños pola proximidade ás vivendas ao tempo que aseguraba que, en eses catro casos, o proxecto xa fora reformado

parques eólicosO socialista Martín seco mostrou na réplica máis dúbidas sobre o xeito de tramitar estes proxecto e pediu que o goberno galego tramitara unha nova lei que se adapte ao contexto actual. Seco lembrou que as distancias coas vivendas esixidas en outras comunidades son o dobre que en Galicia

O Conselleiro, Francisco Conde, non contestou a estas diferencias nas distancias coas vivendas e centrouse nas dúbidas sobre o fraccionamento dun parque en varios. Conde López considera que se están tomando todas as medidas para evitar que esto suceda

O responsable socialista censurou tamén na súa intervención a falla de diálogo con respecto ao parque de Troitomil. Martín Seco lembroulle ao Conselleiro que “non accedeu aínda ás peticións de reunión que solicitou o alcalde da Baña, no mes de decembro de 2020”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial