Denuncian ante AGADER ao concello do Pino polo mal uso dunha axuda

0

O Pino, 20 de outubro do 2021 – O concello do Pino recibiu unha axuda da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) que dous anos despois non cumpriu os obxectivos previstos.

O Psoe ven de remitir unha nota de denuncia á AGADER, Inés Santé,  para que esixa ao concello do Pino que devolva a subvención por incumprimento reiterado. A axuda foi recibida a través do Plan Leader para adquirir o equipamento dun pequeno ximnasio que se instalaría no  pavillón deportivo de Lameiro.

O concello adquiriu varias cintas de correr, elípticas, bicicletas estáticas e máquinas de remo. Todo o equipamento foi colocado no citado pavillón. O ximnasio tiña que ter aberto a finais do 2019 pero a día de hoxe segue pechado.

Pedir explicacións

O PSOE do Pino alega no seu escrito ao AGADER  que o Concello incumpre, “de forma reiterada”, co obxecto da axuda e coa normativa en materia de subvencións, “agora, a quen toca pedir explicacións é á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, como ente público dependente da Xunta de Galicia, e  ente que concede este tipo de axudas”, indican.

Os Socialistas tampouco aceptan como escusa a pandemia do Covid-19, “a estas alturas todos os veciños e veciñas tiñamos que coñecer o protocolo do uso das máquinas e horarios, e nada se sabe do asunto. Se existira un mínimo de interese este traballo tiña que estar feito e ser público” afirman.

O PSOE local lamenta, unha vez máis, que o Alcalde e o seu equipo, opte ás axudas co único propósito de sacar a foto, e pouco ou nada importen os servizos que se ofrecen á poboación do Pino.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial