Denuncian emanacións de metano e amoníaco nas antigas minas de Touro

0

Touro, 26 de abril do 2021 – Ecoloxistas en Acción denuncia as emanacións de metano e amoníaco dos vertedoiros das antigas minas de Touro.

Según a organización ecoloxista a asociación veciñal de afectados ten denunciado ante o Concello de Touro esta situación sen obter solucións. As denuncias chegaron tamén a varios departamentos da Xunta competentes na materia sen polo momento conseguir unha solución.

Según as denuncias os cheiros son tan fortes que producen mareos, falla respiratoria e incluso desfalecementos. Esta situación impídelles facer vida normal tendo que refuxiarse nas casas cando se produce unha de estas emanacións.

Ecoloxistas en Acción lembra que o vapor de  amoníaco é altamente tóxico e nocivo para a saúde, sendo severamente irritante aos ollos e o tracto respiratorio e podendo causar queimaduras e ceguera temporal. Altas concentracións de NH3 poden causar falla respiratoria e a morte. Non menos grave é a intoxicación por metano, este gas asfixiante pode provocar a perda de consciencia e a morte por insuficiencia cardiovascular.

A organización ecoloxista tamén demanda a Augas de Galicia a que realice controis para coñecer o alcance da contaminación causada polas vertedura nos regatos da zona e no humidais aledaños ao vertedoiro. Ademais  reclaman a Dirección Xeral  de Enerxía e Minas a asegurarse da conveniencia dos residuos que están a verterse para restaurar o espazo da canteira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial