Denuncian novos sondeos, sen permisos, en Castriz, Santa Comba

0

Santa Comba, 21 de setembro do 2021 – Ecoloxistas en Acción denuncia que a empresa sueca Euro Battery volveu a realizar sondaxes na zona de Castriz en Santa Comba.

Xa contamos en distintas ocasións a polémica que rodea a esta empresa. Tanto a Xunta de Galicia como o concello de Santa Comba desmentiron en máis dunha ocasión que tivera permisos para traballar en Castriz e ten abertos procesos sancionadores polas sondaxes de xuño.

Imaxen de arquivo de sondaxes na zona de Santa Comba

A empresa chegou mesmo ao Parlamento Alemán xa que asegurou a futuros inversores contar co apoio de ese goberno, algo que foi desmentido tamén. A semana pasada Eurobattery Minerals iniciaba de novo sondaxes en Castriz o que motivaba protestas ás portas da empresa en Berlín.

Os ecoloxistas instalaron na capital alemana carteis contra a minaría ilegal. Pedían tamén o fin das agresións ambientais sobre a Braña da Serra, un humidal de especial valor e alta singularidade ecolóxica, cuxa protección foi demandada en diversas ocasións. A empresa pretende facer neste lugar unha inmensa mina a ceo aberto de cobalto, níquel e cobre.

A sede en Berlín de Euro Battery o é tamén doutras empresas ligadas ao conglomerado de empresas cos proxectos de minas de estaño e volframio “San Juan” na Gudiña e Varilongo, en Santa Comba.Todas integradas na sociedade internacional Starboard Global Limited, da que pouco se sabe pero que é tamén responsable do polémico proxecto da Mina Muga, en Navarra e Aragón.

Ecoloxistas en Acción denuncia que a día de hoxe poidan seguir realizándose estas sondaxes, que perforan ata 1 km de lonxitude, carecendo das preceptivas autorizacións. Ningún dos traballos ten un Plan de Restauración ou Estudo de Impacto Ambiental asociados, non foron sometidos a información pública nin ao exame dos distintos organismos sectoriais para avaliar os seus potenciais impactos. Ao tratarse de sondeos inclinados, estos poden afectar a acuíferos e ao nivel freático.

A organización ecoloxista prepara xa novas denuncias por estes feitos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial