Denuncian o abandono da senda panorámica do Picón en O Pino

0

O Pino, 25 de marzo do 2021 – O Psoe do Pino denuncia o abandono da senda panorámica do Picón e reclamaran no vindeiro pleno a súa mellora.

A petición inclúe a realización dos trámites necesarios para que a ruta reciba a homologación por parte da Federación Española e Galega de Montañismo

Promoción dunha ruta en mal estado

Os socialistas critican que a web municipal “faga promoción desta ruta e logo despois na práctica o sendeirista se atope sen sinalización, e con tramos totalmente intransitables pola gran cantidade de maleza que acumulan. así non se coida a nosa riqueza natural e patrimonial, nin tampouco se fai promoción do noso concello”.

Demandan a homologación da ruta

O PSOE tamén demandará que se realicen todos os trámites co obxecto de que esta ruta pase a estar catalogada e homologada pola Federación Española e Galega de Montañismo. Buscan poñer en valor o patrimonio natural de O Pino, e, así mesmo, ofrecer novos atractivos turísticos aos visitantes e peregrinos.

A Senda Panorámica do Picón é unha ruta circular de algo de máis de oito quilómetros, que parte do lugar da Rúa na parroquia de Arca, conta con un trazado moi sinxelo, e como puntos de interese cabe sinalar, entre outros, os Muíños de Astrar e o Miradoiro do Marco. Miradoiro desde o cal se pode observar a nova terminal do Aeroporto Rosalía de Castro, o Monte da Mina, e case a totalidade do núcleo urbano de Pedrouzo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial