Denuncian o uso da canteira da Casalonga como vertedoiro

0

Teo, 26 de agosto do 2021 – As novas sobre a canteira da Casalonga mudan cada día e agora a Plataforma denuncia o uso do espazo como vertedoiro.

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos fala do que “posiblemente sexa o maior depósito ilegal de residuos de construción de toda Galicia”. Acusan á  Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais e a de Medio Ambiente de coñecer a situación e incluso así aprobar o Plan de Restauración.

A Plataforma da Casalonga explica que “Alén da responsabilidade penal, a responsabilidade de xestionar os residuos existentes recae segundo a Lei de residuos e solos contaminados no propietario dos terreos, actualmente Toysal”.

A plataforma solicita formalmente un pleno monográfico no concello sobre o problema da canteira. Engaden que “entre estes restos que milleiros de camións foron depositando durante anos poden atoparse

dende muros practicamente enteiros ata retretes, pasando por moreas de residuos altamente contaminantes como plásticos, cinsas ou amianto”.

A isto hai que engadir a denuncia de falata de seguridade. A Plataforma di que alguén foi quen de colocar unha pancarta dentro da canteira o que é un exemplo claro da falta de control sobre o lugar.

Esta falta de control, din, vese tamén en que aos residuos existentes engádense nos últimos tempos outros de particulares que chegan cos seus coches sen que ninguén lles diga nada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial