Denuncian que a RPT de Touro vulnera dereitos fundamentais

0

Touro, 28 de outubro do 2020 – PP, BNG e Psoe de Touro votaron a favor dunha Relación de Postos de Traballo, RPT, que según a Marea Veciñal, que votou en contra, vulnera dereitos fundamentais.

Casa consistorial de Touro

A Marea explica que, para as mesmas categorías, a RPT aprobada asigna soldos inferiores aos postos ocupados por mulleres, coidado de persoas maiores ou xardín de infancia, fronte aos ocupados por homes, tractorista ou operario de servizos.

A Marea Veciñal de Touro pon exemplos concretos como o feito de que no grupo V unha auxiliar de axuda no fogar, posto habitualmente ocupado por mulleres, cobre 14.559 euros, mentres que un operario de servizos, tradicionalmente homes, chegue aos 19.972 euros. Isto sucede tamén nas outras categorías con postos como animador deportivo, home, fronte a persoal de apoio ao PAI, muller.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial