Denuncian que ó concello de Padrón suprime dereitos laborais

0

Padrón, 17 de abril do 2021 – O Comité de empresa do concello de Padrón denuncia a supresión de dereitos laborais e reclama a negociación dun novo convenio colectivo.

Os representantes sindicais avanzan tamén que, unha vez que xa foi aprobada a Relación de Postos de Traballo en pleno, presentarán un recurso de reposición como paso previo á vía xudicial.

Un convenio rematado pero vixente

Desde o Comité de empresa explican que en setembro de 2019 o concello de Padrón denunciou o convenio colectivo do persoal para, teoricamente, negociar un novo. Unha negociación que nunca chegou a producirse. Hai 15 días o concelleiro delgado de Persoal, Anxo Rodríguez, remitiu unha circular a todas os traballadores informando que o convenio perdera vixencia e comunicando a decisión unilateral de suprimir dereitos laborais.

concello de PadrónO artigo catro do convenio, rematado en 2010, establece que de non denunciarse o documento con 3 meses de antelación prorrogase automaticamente por un ano. O mesmo artigo establece que unha vez denunciado as negociacións deben comezar nun prazo dun mes a partir do día da denuncia, cousa que non sucedeu en este caso.  A representación sindical explica que “o goberno municipal do PP eliminou o dereito que tiña o persoal a gozar de certos días de libranza ademais de eliminar a xornada reducida no verán.

Modificación da RPT e privatización de servizos

A ausencia de negociación atinxe tamén á RPT, que segundo denuncian, foi imposta sen ningún tipo de acordo deixando fóra a unha importante parte do cadro de persoal co obxectivo de externalizar e, polo tanto, privatizar servizos como limpeza viaria ou axuda no fogar, entre outros.

O comité denuncia que “moitos dos traballadores e traballadoras afectadas por esta modificación na RPT xa estaban nunha situación de inestabilidade, porque é persoal laboral temporal, e non lle vai quedar máis alternativa que pasarse ás empresas ás que se concesionen os servizos aceptando as condicións que lles impoñan porque, do contrario, quedarán sen posto de traballo e irán ao paro”.

O comité de empresa do concello de Padrón reclama a inmediata negociación dun novo convenio colectivo non que se aborden todas estas cuestións. Denuncia a vulneración de dereitos do persoal e agarda unha inmediata solución a unha situación que está causando un enorme malestar entre as traballadoras e traballadores.

Informa ademais de que xa está presentado un recurso de reposición en relación ao convenio colectivo, paso previo para ir a vía xudicial “contra unha decisión unilateral non só inxusta senón mesmo ilegal, porque nin o concelleiro de persoal, nin o goberno municipal poden considerar caducado un convenio sen ter negociado un novo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial