Denuncian que o novo proxectopara a mina de Touro non conleva a restauración

0

Touro, 8 de novembro do 2021 – A Asociación Cornado Mina NON denuncia que o novo proxecto presentado por Cobre San Rafael non está obrigado a ningunha restauración.

O colectivo explica que o novo proxecto queda fora do contexto da mina histórica e polo tanto «non contempla, nin contemplará, restauración algunha para a inmensa afectación superficial e subterránea da actividade metalífera previa».

Os representantes veciñais cualifican a proposta de «mineria para incautos». Explican que «a lexislación indica que a restauración non ten que ser consecuencia do desenvolvemento dun novo proxecto como pretende agora a mineira».

Cornado Mina NON engade que a restauración ten que ser previa a novos proxectos; algo que, din, leva ignorando Cobre San Rafael todos estes anos. Consideran que en Touro está un dos maiores desastres ambientais de Galicia. O denominado lugar do Portaguzo, situado no tramo medio do río Portapego, «alberga a paraxe máis contaminada existente a día de hoxe a nivel galego co acumulo de milleiros de toneladas de depósitos de sedimentación de lodos toxicos de mina cun grosor que nalgúns puntos alcanza varios metros de profundidade».

Aseguran que na documentación sobre a instalación de plantas de tratamento «non hai un só indicio por parte da filial de Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas que invite a pensar que se vai facer cargo desta desfeita ambiental que non só afecta a este sector do Portapego senón a ducias de quilómetros doutros regos e ríos da bisbarra que derivan finalmente na bacia do Ulla».

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial