Denuncian situacións de violencia no psiquiátrico de Conxo

0

Compostela, 16 de setembro do 2021 – A CIG-Saúde de Compostela vén de denunciar perante a Inspección de Traballo a pasividade e a ausencia de medidas da Xerencia ante os reiterados accidentes por situación de violencia no hospital psiquiátrico de Conxo.

A unidade de atención especial, UAE, do Hospital Psiquiátrico de Conxo, ten unha ocupación máxima de 20 pacientes en réxime pechado e alto nivel de supervisión, con videovixilancia. A CIG denuncia que desde hai tempo esta sección sofre ” deficiencias estruturais e de carencia de sistemas de seguridade” pese a ser tratados desde hai anos en distintas reunións no seo do Comité de Seguridade e Saúde desta área sanitaria.

Segundo explican, a día de hoxe, hai un alto rexistro de situacións de violencia. Na reunión do Comité de seguridade e saúde de xuño pasado, na relación de Sucesos desta Área Sanitaria as notificacións por accidentes por situacións de violencia, no primeiro cuadrimestre do ano, das 33 existentes 8 sucederon en esa unidade, un 24%.

Por outra banda o Informe anual dos Episodios de Violencia Laboral de Orixe Externa rexistrados no Servizo Galego de Saúde no ano 2020 sitúase a esta área sanitaria como a máis afectada de todaa Comunidade Autónoma.  Rexistráronse un total de 13 situacións na U.A.E, sendo con gran diferenza a unidade que presenta máis violencia laboral de todo Galicia.

29 episodios no Hospital Psiquiátrico de Conxo, un 44% na UAE

Diante desta situación, a CIG-Saúde de Compostela solicitou en diferentes reunións coa Xerencia unha solución, de maneira urxente. No referido ás carencias estruturais que seguen estando presentes, sinálanse cuestións como o cambio das portas do cuarto de baño da entrada da unidade, que favorecen o atrincheiramento de pacientes; unha planificación para mantemento e limpeza do patio interior; substitución de camas por unhas seguras e ancoradas ao chan, con material almofadado para protección do pacientes; cambio de ventás as actuais filtran auga e humidade e non contan con cristais irrompibles.

Canto ás situacións de violencia/agresións, apúntase o sistema de seguridade de alerta inmediata para pedir axuda no caso de agresión, que non funciona e a falta dun plan funcional da unidade que garanta que todos os procesos ou actividades da asistencia sanitaria se realicen coas máximas garantías, así como o cumprimento dos estándares de calidade, como recolle a Lei 14/1986 no seu artigo 69,3 e o Decreto 168/2010 no seu artigo 15.f.

Neste sentido sublíñase a necesidade de protocolos para doentes susceptibles, reincidentes e de especial agresividade; tratamentos individualizados centrados nas e nos doentes que permitan a máxima rehabilitación e autonomía; plan de formación para traballadores/as ou creación de novas terapias alternativas e equipos multidisciplinares con dotación de persoal suficiente, entre outros. Como exemplo subliñan a carencia de terapeuta ocupacional e monitores de actividades para os pacientes.

A CIG-Saúde de Compostela asegura que, día de hoxe, seguen a notificarse situacións de violencia nesta unidade non cumprindo o deber de protección, xa que o empresario debe garantir a seguridade e a saúde das/os traballadoras/es en todos os aspectos relacionados co traballo como recolle a Lei 31/1995 no seu artigo 14,2.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial