Denuncian sondaxes ilegais en Santa Comba e Coristanco

0

Bisbarra, 16 de xuño do 2021 – O Sindicato Labrego Galego, SLG, denuncia a realización de sondaxes mineiros ilegais en Santa Comba e Coristanco.

O SLG, xunto con outros colectivos presentou unha denuncia diante da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. A sondaxes afectan aos recursos hídricos de varias familias e son realizados pola mineira Eurobattery Minerals.

A denuncia tamén foi presentada diante da Consellaría de Economía, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, do Concello de Santa Comba e da Policía Autonómica.

Imaxe Sindicato Labrego Galego

As prospeccións poderíanse estar facendo xa nunha zona de especial valor e alta singularidade ecolóxica coñecioda como Braña da Serra. Ao tratarse de sondaxes inclinadas, poderían afectar acuíferos e reservas freáticas de auga. O Sindicato asegura ter constancia da existencia de fontes que fornecen auga para nove familias do lugar a pouco máis de un quilómetro de distancia.

Traballos ilegais

O SLG explica que Corcel Minerals, empresa matriz de Eurobattery, vén de anunciar na súa web unha nova campaña de sondaxes para os que contrataron a empresa Geonor. O sindicato asegura na dennuncia presentada que “a mesma empresa realizou, ilegalmente, sen autorización da Dirección Xeral de Política Enerxética e Recursos Naturais nin autorización urbanística municipal, catro sondaxes en 2019, que xa daquela foran denunciadas. A día de hoxe, segue carecendo das preceptivas autorizacións”.

No escrito de denuncia tamén se explicita que ningunha das sondaxes ilegais teñen plan de restauración nin estudo de impacto ambiental, amais de non ter sido sometidas a información pública.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial