Denuncian verteduras de auga sen tratar ao regato do Burgo no Pino

0

O Pino, 16 de abril do 2021 – O grupo Ecoloxistas en acción ven de denunciar as verteduras de augas de refugallo ao regato do Burgo, no concello de O Pino.

A organización explica que no 2020 o concello do Pino xa foi sancionado por verteduras de augas de refugallo sen depurar ao dominio hidráulico público. A multa polas verteduras no regato do Burgo ascendeu en aquela ocasión a 5.000 €.

A organización insta a Augas de Galicia a adoptar as medidas necesarias para que rematen estas verteduras. Solicitan ademais que se indague o alcance da contaminación destas verteduras, xa que o regato contaminado é tributo da cunca do río Ulla.

Desde a rede municipal

As verteduras proceden do propia rede de saneamento municipal que rematan vertendo mediante canalización directamente ao rego do Burgo. A canalización que verte a dito regato procede dunhas instalación municipais que aparentemente só fragmenta o caudal sólido dos refugallos.

En marzo deste ano veciños do Pino xunto con membros de Ecoloxistas en Acción visitaron en reiteradas ocasións os lugares onde se producen as verteduras sancionadas o ano pasado. Mediante inspección ocular púdose comprobar que as verteduras se seguén producendo sistemáticamente e que o Concello do Pino non fixo nada para remediar esta contaminación do dominio hidraúlico público.

Estas verteduras de augas residuais provoca efectos moi negativos sobre o medio ambiente e a saúde humana, provocando cambios substanciais nas características da auga e, polo tanto, na súa función ecolóxica e nos seus usos. Esta contaminación afecta directamente á parte máis superficial e máis próxima da costa, a máis empregada para actividades humanas.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial