A Deputación ampliará a estrada de Melide a As Pías por Toques

0

Coruña, 30 de marzo do 2017 –  A Deputación da Coruña investirá 460.800 euros na ampliación dun tramo da estrada DP4604 de Melide ás Pías por Toques. En concreto, actuarase no treito comprendido entre os núcleos de A Cabana (Toques) e Pereiras (Melide), co obxectivo de mellorar a seguridade viaria, eliminando as curvas perigosas para a circulación.

Estas obras enmárcanse dentro da primeira fase do Plan de Investimento en Vías Provinciais 2017, dotado cun presuposto total de 2.498.180 euros, e que será sometido á aprobación do Pleno que se celebrará o vindeiro 31 de marzo.

Con este investimento, a Deputación pretende continuar mellorando as prestacións e aumentando o ancho das estradas de titularidade provincial, que conforman unha rede de máis de 2.000 quilómetros.

No caso da DP4604, que actualmente conta cun ancho de vía de 7 metros, acondicionarase unha explanada de 12 metros, para albergar unha estrada de 9 metros máis unha gabia de seguridade.

Deste modo, poderase mellorar o trazado reducindo a sinuosidade das curvas e aumentando a visibilidade nos xiros pechados. Esta nova plataforma afirmarase con rego de adherencia e de imprimación e 35 centímetros de zahorra artificial. Para os camiños de servizo, a pavimentación consistirá nun dobre tratamento superficial sobre unha capa de 10 centímetros de grava.

Para garantir a correcta evacuación das augas pluviais e o mantemento da vía, a Deputación tamén executará un novo sistema de drenaxe, que incluirá un foxo, un colector e varias arquetas.

Por último, colocaranse as sinalizacións horizontais, verticais e balizamento necesario para a correcta ordenación do tráfico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial