A Deputación financia a vía que une a igrexa de San Andrés de Barciela co cruce da Candelabeira, en Santiago

0

Compostela, 20 de agosto do 2021 – A Deputación financia, a través do Plan Único, a mellora da vía que vai desde a igrexa de San Andrés de Barciela ata o cruce da Candelabaeira, en Santiago.

As obras na parroquia de Barciela son financiadas na súa totalidade polo organismo provincial. O orzamento destinado a esta mellora é de 260.000 euros. A obra atópase na actualidade en período de licitación.

Este proxecto é a primeira fase dunha actuación global para a mellora dos diferentes tramos da estrada que vai desde a contorna da N-550 en Barciela ata Casas de Arriba en Cesar. Os traballos consistirán no acondicionamento e mellora de máis de 2 quilómetros do firme mediante a substitución da rega asfáltica existente por unha capa de aglomerado.

Paralelamente, realizarase a limpeza das cunetas, instalaranse colectores e sumidoiros de augas pluviais, substituiranse as sinais de tráfico en mal estado e pintarase a sinalización horizontal.

O prazo para enviar ofertas remata o 6 de setembro e o tempo estimado de execución dos traballos é de 4 meses desde o inicio das obras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial