Os fondos da Deputación financian un novo camión de lixo para Padrón

0

Padrón, 9 de xuño do 2020 – O Concello de Padrón financiará con fondos do Plan Único da Deputación da Coruña a compra dun novo camión do lixo para o municipio.

O suministro de este camión de lixo está en fase de licitación na Plataforma de Contratación do Estado cun orzamento de 180.822 euros, que serán financiados integramente con fondos adicionais do Plan Único (POS+2019).

O vehículo contará con recolector e compactador de lixo e sistema levador de cubos e contedores e contribuirá a mellorar o servizo no municipio.

O Plan Único ofrece aos concellos total autonomía á hora de decidir en qué investir os fondos que lles achega a Deputación, permitíndolles financiar tanto este tipo de suministros coma obras de construción e mellora de infraestruturas municipais, pago de débeda, gasto corrente, etc.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial