A Deputación destina fondos á rehabilitación de patrimonio no Deza

0

Bisbarra, 4 de xaneiro do 2021 – A Deputación de Pontevedra destina cerca de catrocentos mil euros a rehabilitación de patrimonio histórico en toda a provincia.

O patrimonio do Deza Tabeirós recibirá fondos para seis proxectos. A mellora de sinalización na Ponte dos Cabalos (Agolada), ríos Gallo e Umia (Cuntis) e Vila de Cruces, a conservación do Castro de Garellas (Forcarei), divulgación da capela de Santo Adrao (Lalín), e a mellora da Fonte da Virxe (Silleda)

Segundo explica a deputada de Patrimonio María Ortega, a partida inicialmente destinada ás subvencións ascendía a 300.000 euros, mais incrementouse en case 77.000 euros co fin de financiar a maioría das actuacións na súa totalidade.

Ortega lembra que desde o ano 2016 a Deputación de Pontevedra conta estas liñas de subvencións que pretenden a restauración de bens inmobles de titularidade municipal que teñan un recoñecido valor arquitectónico, histórico, artístico, paleontolóxico, arqueolóxico ou etnográfico. Entre as subvencións deste ano encóntranse cuestións tan diversas como contornas arqueolóxicas, petos e cruceiros, lavadoiros, paneis informativos ata a reposición de tapizados en algunha casa consistorial.

A comarca do Deza-Tabeirós ingresará 33.629,68 euros para seis proxectos: Agolada, 3.272,69 euros para a sinalización da ponte dos Cabalos (100% do orzamento); Cuntis 3.408,10 euros (100%) para a sinalización da senda fluvial dos ríos Gallo e Umia; Forcarei, 3.468,42 euros (92,17%) para a conservación ambiental e paisaxística do castro de Garellas; Lalín, 17.787 euros (100%) para a mellora da capela de Santo Adrao; Silleda, 5.469,20 euros (100%) para a mellora da contorna da fonte da Virxe xunto á Capela de San Brais en Chapa;  e Vila de Cruces, 3.692,69 euros (99,99%) para a sinalización do patrimonio histórico cultural do municipio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial