Investimento da Deputación  na mellora de camiños de Boqueixón

0

Boqueixón, 11 de novembro do 2020 – A Deputación da Coruña abriu a fase de licitación para un proxecto de mellora da seguridade viaria no concello de Boqueixón.

Financiados a través do Plan Único da Deputación os traballos de Boqueixón recibirán un investimento de 186.165,18 euros e servirán para a construción de sendas e pavimentación de camiños no concello.

Entre as actuacións, construirase unha senda peonil de Lamas a Rodiño, que permitirá incrementar a seguridade dunha vía moi transitada, tanto por tráfico rodado como peonil, e dar continuidade á senda xa executada en Lamas. O camiño de formigón e zahorra estará dividido en cinco treitos. Por unha banda de 65×2 e 100×1,8 metros pola marxe esquerda, e por outra, de 100×2, 230×1,8 e 35×2 metros pola marxe dereita.

Así mesmo, dentro desta actuación realizaranse tarefas de mellora da recollida de pluviais coa instalación de 15 arquetas con sumidoiro, procederase á execución de 3 pozos de rexistro e á canalización da iluminación pública. Tamén se colocarán 30 balizas para a iluminación da senda pola marxe esquerda.

A iniciativa contará cun orzamento de 110.253,25 euros con cargo ao Plan Único da Deputación. As empresas interesadas na obra, en fase de licitación, poderán presentar ofertas ata o 30 de novembro de 2020. A actuación conta cun prazo de execución de 6 meses.

Dentro das melloras da seguridade neste municipio, tamén se procederá á mellora do camiño de Lamas á Igrexa e do lugar de Pena, contando estas actuacións cun orzamento de 75.911,93 euros con cargo ao Plan Único.

Así pois, levarase a cabo unha senda peonil de 300 metros no camiño de Lamas á Igrexa. Os 375 metros de lonxitude e 4,5 metros de ancho da vía tamén serán mellorados cunha nova capa de rodaxe.

Dentro dos servizos, canalizaranse 120 metros de augas pluviais mediante tubo PCV e 300 metros para iluminación pública. Tamén se procederá á apertura de gabias e limpeza destas para unha correcta drenaxe. Por outra banda, tamén se mellorará o mobiliario da contorna coa instalación de dous bancos de pedra e de 45 metros de valo de madeira.

Para finalizar, levaranse a cabo tarefas de pavimentación dunha vía cunha lonxitude de 100 metros e unha anchura de 3,5 metrosen Pena. Neste lugar tamén se mellorará a drenaxe coa apertura e limpeza de gabias e adaptaranse pozos e arquetas á nova rasante.

Estas dúas últimas actuación contan cun prazo de execución de 6 meses e as empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o 30 de novembro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial