займ срочно

A Deputación destina máis dun millón de euros ao apoio de festivais

0

Bisbarra, 1 de marzo do 2022 – Máis dun millón de euros serán os que destine en este exercicio a área de cultura da Deputación da Coruña a apoiar festivais de distintos tipos.

Según o Deputado Xurxo Couto, responsable de este apartado. “Estas axudas avanzan na nosa aposta pola difusión e a creación cultural e tamén pola creación de emprego e riqueza no sector”.

Festivais de concellos e entidades sen ánimo de lucro

O BOP vén de publicar as dúas convocatorias do programa de subvencións; unha para os eventos organizados por concellos e entidades locais, que conta cun orzamento de 550.000 € e cuxos beneficiarios poderán recibir entre 3.000 e 75.000 €, e outra, tamén cunha achega de 550.000 €, para os promovidos por sociedades sen fins de lucro, que optarán a axudas de entre 3.000 e 50.000 €.

Poderán acceder ás subvencións os festivais culturais con identificación e marca propia e recoñecible, programación diversa que aglutine diferentes propostas artísticas, organizado periodicamente, con data de celebración consolidada e orientada á consecución de públicos amplos ao redor dunha proposta de contidos coherente e definida.

Esta liña de axudas diríxese a apoiar economicamente este tipo de eventos, e non as programacións culturais municipais ou aquelas actividades culturais que se dan no marco de eventos gastronómicos, turísticos ou festivos.

Couto engade que “Apoiar os festivais significa, para nós, apostar pola difusión e a creación cultural a través do que son verdadeiras plataformas de promoción das propostas existentes e tamén de creación de emprego e riqueza no sector”.

Según o Deputado esta liña de axudas sgnifica “unha aposta pola contratación e a mellora da situación laboral e económica do sector profesional da cultura, tan afectado pola pandemia”.

O pasado exercicio beneficiáronse desta liña de subvencións 33 festivais organizados asociacións sen ánimo de lucro, que recibiron 514.425 €, e 23 eventos promovidos directamente polos concellos, para os que a institución provincial destinou unha achega de 474.277 €.

Cineuropa, Curtocircuíto, Cinema Miúdo, Carballo Interplay, a Mostra de Curtametraxes Vila de Noia, Mares do Fin do Mundo de Outes, a Mostra de Teatro Galego de Cariño, a Foliada de Melide e Jazz Noia foron algúns dos festivais audiovisuais organizados por concellos que recibiron axuda en 2021.

En canto as citas promovidas las asociacións coruñesas sen ánimo estiveron o Feito a Man de Santiago, Galiza Blues de Noia, Irmandiños de Moeche, FIOT de Carballo, Atlántica, Titiriberia, Galicreques, a Mostra Internacional de Cinema Periférico do Museo do Pobo Galego ou o S8, Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies