A Deputación da Coruña construirá unha nova ponte entre Aldea Grande e O Couto, en Lousame

0

Lousame, 27 de abril do 2017 – A Deputación da Coruña investirá 267.588,95 euros na construción dunha nova ponte no punto quilométrico 1+800 da DP 4202, que mellorará a conexión entre Aldea Grande e O Couto, no termo municipal de Lousame.

O proxecto para a construción desta ponte vén de ser aprobado por unanimidade na comisión de Vías e Obras e será ratificado pola Corporación provincial na sesión plenaria de mañá venres, 28 de abril.

O deputado responsable da área de Vía e Obras da Deputación, José Manuel Pequeño, destacou a “importancia do proxecto”, que permitirá “ampliar a plataforma da ponte sobre o rego Pesqueira de 5 a 12 metros e ofrecer un itinerario peonil seguro para os veciños”.

Na actualidade, as reducidas dimensións do vial obrigan aos viandantes a circular polas beiravías sen pavimentar ou polo borde da calzada, o cal pon en risco a súa seguridade. Para remedialo, a nova ponte de Lousame contará con beirarrúas de 2,25 metros de ancho en cada marxe, recubertas con baldosa hidráulica, permitindo así cruzar a pé con total seguridade.

Asemade, a nova plataforma de 12 metros de ancho tamén permitirá a execución de dous carrís de 3,5 metros para a circulación de vehículos.

As obras financiadas pola Deputación en Lousame incluirán o acondicionamento da estrada DP 4202, para ampliar gradualmente o ancho da calzada ata alcanzar os 12 metros nas inmediacións da nova ponte.

Así mesmo, formaranse cunetas en terra para evitar a acumulación de auga nos laterais da calzada, e dotarase á ponte dunha sección hidráulica suficiente para facer fronte a grandes avenidas de auga

Por último, reforzarase a capa de firme tanto nas inmediacións coma na propia ponte, mediante un fresado de profundidade que permita a incorporación dunha capa de base e outra de rodaxe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial