A Deputación de Pontevedra pinta as estradas de Lalín

0

Bisbarra, 27 de xuño do 2017 – Nesta semana, se a climatoloxía o permite, pintaranse 109,6 quilómetros de liñas lonxitudinais no concello de Lalín despois de rematar varias vías en A Estrada

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez sinala que tamén están en marcha na zona o Plan de rozas da rede provincial e o Plan Móvese

Os traballos de pintado de vías contratados pola institución provincial na zona Norte da provincia comezaron polo concello de A Estrada, onde xa se melloraron varias vías. Nestes momentos os operarios da empresa adxudicataria están xa no concello de Lalín, onde se repintarán 109,6 quilómetros de sinalización en cinco estradas de titularidade da Deputación, tal e como estaba previsto no plan global de actuación para toda a provincia.

O plan de mellora da sinalización horizontal promovido polo Departamento de Mobilidade que dirixe Uxío Benítez beneficiará a 226 estradas de titularidade provincial, o que supón case as tres cuartas partes do total da rede da Deputación, cunha lonxitude de 2.577 quilómetros de pintados. Tivo un orzamento xenérico de saída de 1,7 millóns de euros e foi adxudicado en catro lotes por un total de 1.409.319 euros.

A mellora da sinalización horizontal, segundo asegura Benítez, enmárcase na nova filosofía do departamento de Mobilidade da Deputación que aposta pola mobilidade sustentable na que a seguranza viaria é un eixo clave. O obxectivo do plan de sinalización horizontal é que se pinten as vías (liñas lonxitudinais, aparcamentos, illotes, cebreados, pasos de peóns) que nunca tiveron marcas viarias e se renove o pintado naquelas nas que polo paso do tempo e o uso xa estean desgastadas.

Nestes días, se a climatoloxía o permite, procederase ao pintado das EP-6001 entre Lalín-Botos e Gresande; na EP-6006, entre Bermes e Palmou; na EP-6007 entre Goleta, Cercio, Rodo e Brántega; na EP-6009 entre Lalín-Rodo-Brántega e na EP-6010 entre As Lamas, Muimenta e Ventosa. O orzamento deste pintado no concello de Lalín ascende a 49.487,75 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial