A Deputación de Pontevedra inicia obras na estrada de Callobre a Ponte Ledesma para evitar desprendementos en A Estrada

0

Pontevedra, 11 de abril do 2017 – O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vén de iniciar as obras para evitar desprendementos na estrada provincial EP-7017 entre Callobre e Ponte Ledesma en A Estrada.

Os operarios da adxudicataria comezaron a retirada de fragmentos de rocha soltos que ameazan a caída e nos vindeiros días instalarase unha malla de fixación. A intención, segundo explicou o deputado de Mobilidade, é garantir a seguridade viaria en dous puntos da contorna de río Bo cunha actuación que ten un orzamento de 12.911,58 euros.

Dentro da extensa rede de estradas pertencentes a Deputación de Pontevedra atopase a EP-7017 Callobre-Ponte Ledesma no Concello de A Estrada, que comunica a N-640 coa N-525 e representa un eixo transversal de comunicación no concello da Estrada, dando servizo ás parroquias de Calloubre, Moreira, Berres, Rubió e Oca.

Tras as últimas obras de mellora do trazado e de seguranza viaria por parte da Deputación detectáronse certos problemas de estabilidade nos noiros de desmonte que se crearon na contorna do rio Bó, debido ao elevado grao de alteración da rocha existente. O informe dos técnicos provinciais advirte de que isto xera continuos problemas polos desprendementos de pequenos fragmentos que están a xerar situacións de perigo.

Así, segundo explica o deputado, co fin de mellorar a seguridade en A Estrada faise necesario realizar unha actuación nestes noiros de desmonte (o primeiro está situado no punto quilométrico 7+630 e o segundo no 7+720) ao obxecto de evitar que se sigan producindo desprendementos. Ante a imposibilidade de tender máis ambos os noiros, e xa que nun deles existen edificacións na proximidade da cabeza do noiro e no outro existe un camiño de servizo que non se pode desaloxar, prevese limpar todos os fragmentos de rocha soltos que están a ameazar caída e instalar unha malla de triplo torsión de aceiro galvanizado.

O orzamento para esta actuación, cuxo proxecto foi aprobado en decembro de 2016,  ascende a 12.911,58 euros. Prevese que as obras, de non haber complicacións derivadas polo mal tempo, estean finalizadas no prazo dun mes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial