A Deputación de Pontevedra comeza co pintado de Estradas en Tabeirós- Terra de Montes

0

Bisbarra, 18 de xuño do 2017 – O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, anunciou que a Deputación comezará mañá luns día 19 o pintado das estradas provinciais da comarca de Tabeirós-Terra de Montes.

En concreto, os traballos iniciaranse por once estradas do concello de A Estrada: EP-7001 entre a Estrada – Forcarei, EP-7005 entre  Aguións – Santeles – Santa cristina, EP-7007 entre Couso – San Miguel de Barcala, EP- 7008 de acceso a Ponte Novo, EP- 7011 entre Pena do Foxo – Olives, EP-7012 entre Pena – Ribela, EP-7013 entre Orosa – Orazo, EP-7016 entre A Estrada – Vinseiro – As Casetas; EP-7019 entre San Andrés de Vea – San Xulián de Vea, EP-7022entre Codeseda – Sevil e a EP-7024 entre Olives – Sequeiros.

O plan de mellora da sinalización horizontal promovido polo Departamento de Mobilidade actuará de forma global en 226 estradas de titularidade da Deputación en toda a provincia, o que supón case as tres cuartas partes do total da rede provincial, cunha lonxitude de 2.577 quilómetros de pintados.

O obxectivo do plan de sinalización horizontal é que se pinten as vías (liñas lonxitudinais, aparcamentos, illotes, cebreados, pasos de peóns) que nunca tiveron marcas viarias e se renove o pintado naquelas nas que polo paso do tempo e o uso xa estean desgastadas. Coa fin de coordinar esta actuación de pintado co Plan Móvese, polo que se instalarán redutores físicos de velocidade, deixarase a sinalización daquelas vías ou treitos nos que se construirán os pasos de peóns sobreelevados ata a finalización desas actuacións.

Na comarca de Tabeirós e Terra de Montes sitúase o concello con máis estradas e lonxitude pintada de toda a provincia: A Estrada, que verá pintados 241,7 quilómetros de sinalización horizontal en 11 vías de titularidade da Deputación. En total, na comarca actuarase en 390,2 quilómetros e en 44 vías. No resto de municipios a lonxitude restante na que se actuará será en  tres estradas en Cerdedo (48,5 quilómetros) e outras tres en Forcarei (100 quilómetros).

Na comarca do Deza pintaranse, durante os meses de xullo e agosto, 407 quilómetros de sinalizacións horizontais en 27 vías, das que 109,6 quilómetros serán en Lalín, 74,1 en Dozón , 47 en Rodeiro, 33,4 en A Golada, 36,9 en Vila de Cruces e 106 en Silleda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial