A Deputación da Coruña financia a reparación do campo de fútbol e as pistas de tenis de Arzúa

0

Arzúa, 12 de xullo do 2017 –  O deputado da área de cooperación cos concellos, Xosé Regueira Varela e o alcalde de Arzúa, Xosé Lois García, asinaron o convenio  a través do que se financiarán as obras de reparación da gradaría do campo de fútbol e as dúas pistas de tenis.

A Deputación da Coruña financiará o orzamento das obras con 24.000 €, o que supón o 80  % do total do orzamento da obra que ascende a 30.000.

Co proxecto subsanaranse as filtracións existentes nas gradas do campo de fútbol do Viso. As filtracións prodúcense na banda central que separa as dúas cubertas do graderío e está a producir deterioro no interior, na zona da cafetería e mesmo no propio muro de fachada.

A través do convenio acometerase tamén a reparación da superficie de xogo das pistas de tenis que contan con defectos importantes do formigón poroso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial