A Deputación construirá unha senda peonil entre Mesón do Vento, en Ordes, e Meirama, en Cerceda.

0

Ordes, 18 de abril do 2017 – O Boletín Oficial da Provincia publicou onte  a licitación das obras de construción dunha nova senda peonil de 1.700 metros de lonxitude na estrada DP 2405, entre os puntos quilométricos 5+820 e 7+510, no termo municipal de Ordes.

A Deputación da Coruña destina un total de 201.918 euros a estas obras, que se inclúen dentro do plan provincial de sendas peonís, e que pretenden mellorar a seguridade viaria. A senda conectará coa beirarrúa xa executada no núcleo urbano de Meirama, completando así o itinerario peonil entre Mesón do Vento e Meirama, un tramo onde é habitual a presenza de transeúntes.

Así mesmo, este novo tramo proporcionará un acceso a pé seguro ata a central térmica de Meirama e favorecerá os desprazamentos dos veciños do lugar de Brea (Ordes), por onde discorrerá a maioría da senda.

As obras da Deputación da Coruña permitirán eliminar as barreiras arquitectónica, favorecendo así o uso do camiño por persoas con mobilidade reducida.

A nova senda terá un ancho de dous metros e estará composta por unha capa de 55 centímetros de solo seleccionado e 20 centímetros de zahorra artificial. Así mesmo, recubrirase por unha capa de formigón e pintarase de verde, para homoxeneizala ás demais sendas da contorna.

Co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e adaptar o tráfico ao tránsito dos peóns, instalaranse novos pasos de cebra e sinalización vertical. Así mesmo, as zonas colindantes rozaranse e plantarase céspede.

A Deputación da Coruña estima que as obras estarán rematadas nun prazo de 6 meses, tamén incluirán a execución de cunetas, recubertas por lousas de formigón e dotadas de desaugadoiros, para garantir a correcta evacuación das augas da plataforma.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial