Trazo, 4 de abril do 2017 – A Deputación da Coruña colabora co Concello de Trazo para construír unha senda peonil entre o lugar de Porto e o desvío a Castiñeiras, que se enmarca nun proxecto máis amplo para dotar á zona dunha beirarrúa de preto de 2 quilómetros que enlazará A Polveira coa praia fluvial de Chaián.
O último Pleno provincial, celebrado o pasado venres 31 de marzo, aprobou o convenio de colaboración mediante o cal a institución provincial achega 55.500 euros, aproximadamente o 75% do custo total destas obras. O resto, ata chegar a 73.809 euros, será aportado polo Concello.
Os fondos provinciais sufragarán a construción deste tramo de 330 metros de senda peonil co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e de facilitar o tránsito a pé entre as distintas vivendas e locais existentes.
A nova senda terá unha anchura comprendida entre 1,8 e 2 metros, estará pavimentada en formigón e contará con bordos para maior seguridade. Para executala, realizarase unha escavación do terreo, que posteriormente encherase con 50 centímetros de solo seleccionado e 25 cm. de zahorra artificial.
Grazas a estas obras, tamén se conseguirá unha ampliación do ancho da calzada de 50 centímetros, nos que se estendera unha capa de zahorra e un tratamento superficial de tres resgos asfálticos.
Así mesmo, o proxecto financiado pola Deputación inclúe a execución de redes de drenaxe e pluviais e de abastecemento e a instalación dun tubo de PVC para poder pasar os cables do alumeado nun futuro.
1 comentario
Dinheiro atirado, posso entender que o governo autárquico de Traço solicite esta estupidez, são do PP e sempre gostaram do cimento em vez da natureza. Mas que o Governo provincial lhes contribua dinheiro para isto, quando o melhor para caminhar é a terra, não o compreendo. Fico à espera de ver ao Dafonte, presidente da câmara municipal de Traço dando uso do passeio, não só no dia da inauguração.