A Deputación mellorará a sinalización dos itinerarios ciclistas

0

Coruña, 30 de marzo do 2017 –   O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu no seu despacho da institución provincial ao presidente da Asociación de Ciclistas Crunia, Roberto Rilo.

Á reunión asistiu tamén o deputado provincial e concelleiro de Mobilidade Sostible da cidade da Coruña, Daniel Díaz Grandío.

Durante a reunión, estudouse a proposta plantexada polo colectivo ciclista coruñés de dotar ás estradas provinciais máis transitadas por ciclistas dunha sinalización especial que advirta aos conductores da presenza habitual de ciclistas no vial e lembre a obriga de deixar unha distancia mínima de 1,5 metros nos adiantamentos.

González Formoso lembrou que a Deputación xa ten instalado este tipo de sinalización nalgunhas estradas provinciais e considerou interesante “retomar o proxecto” e “impulsar a súa extensión a outros puntos da rede viaria provincial que os ciclistas usan habitualmente nos seus desprazamentos, co obxecto de mellorar a seguridade”, polo que remitiu o proxecto da Asociación de Ciclistas Crunia ao departamento de Vías e Obras para o seu estudo por parte dos técnicos. ´

Dende a asociación ciclista coruñesa entenden que este tipo de iniciativas axudan a incrementar a seguridade ao lembrar aos conductores de vehículos a motor a obriga de respectar a distancia de seguridade nos adiantamentos.

Estradas das comarcas de Coruña, Santiago e Ferrol

Entre as estradas nas que a entidade solicita reforzar a sinalización atópanse fundamentalmente viais das comarcas da Coruña, Santiago e Ferrol, empregadas frecuentemente por ciclistas nos seus itinerarios como a estrada de Carral a Montouto, de Sada a Espírito Santo, de Cambre a Carral, de Oleiros a Pravio ou de Perbes a Campolongo na comarca coruñesa. As estradas propostas na comarca ferrolana son a de Perlío a Lavandeira, a de Valdoviño a Cerdido, a de Ortigueira ás Pontes, a de Xuvia á Praia da Frouxeira ou a que da acceso á praia de Cabanas, entre outras. Na área de Compostela, as estradas de Sigüeiro a San Amaro ou de Ordes a Pontecarreira son algunhas das máis transitadas polos usuarios de bicicletas, fundamentalmente durante as fins de semana.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial