A Deputación da Coruña e a USC colaborarán no ámbito da eficiencia enerxética

0

Compostela, 27 de marzo do 2017 –  A Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), dependente da Deputación, asinou un convenio coa Universidade de Santiago de Compostela para colaborar en materia de eficiencia enerxética.

Ambas entidades levarán a cabo actividades de difusión, pedagóxicas, científicas e de investigación sobre temáticas coma o uso racional da enerxía, os recursos enerxéticos locais e as fontes renovables.

Entre as accións que desenvolverán Deputación e Universidade, atópase a cooperación en programas de formación de persoal investigador e técnico, así como a difusión recíproca de actividades e proxectos, o intercambio de información e a formación de consorcios para a participación en proxectos vinculados ao fomento da eficiencia enerxética.

Así mesmo, o convenio servirá para impulsar a internacionalización e a cooperación con outros organismos nas actividades que desenvolvan tanto a USC coma a FAEPAC.

Este novo convenio súmase á estreita colaboración que manteñen ambas as dúas institucións dende hai tempo, tanto no apartado educativo co apoio a programas como Estalmat ou a Escola de Práctica Xurídica, coma en cuestións que benefician ao conxunto da sociedade como o estudo da vespa velutina que desenvolven especialistas da institución académica compostelá co apoio financeiro da Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial