A Deputación comeza os trámites para mellorar o trazado do vial que une Toques e Melide

0

Bisbarra, 22 de xuño do 2017 –  O Boletín Oficial da Provincia publicou onte o levantamento de actas previas á ocupación dos terreos dos 24 predios lindeiros coa estrada provincial DP 4604, entre os puntos quilométricos 4+060 e 4+650, nos termos municipais de Toques e Melide, para realizar as expropiacións necesarias para iniciar as obras de mellora de trazado deste vial, que suporán un investimento de 500.000 euros.

En concreto, as obras contan cun orzamento de 460.814,37 euros, mentres que se reservan outros 39.000 para expropiacións. Os titulares das fincas afectadas foron citados para o día 11 de xullo, de 16.30 a 17.00 horas no Edificio Multiusos de Toques e a partir das 18.00 horas no Edificio Multiusos de Melide.

Os traballos consistirán na corrección e mellora de trazado dun tramo de 600 metros que discorre entre os puntos quilométricos 4+060 e 4+650, no núcleo de A Cabana, xusto no límite entre os concellos de Toques e Melide.  Neste tramo o vial, que conta actualmente cun ancho de 7 metros, pasará a ter unha plataforma de circulación de 9 metros, con dous carrís de 3,5 m . e arcéns de 1,5 metros en ambas marxes da estrada.

Nova Travesía do Souto e renovación de catro quilómetros de firme

Nesa mesma estrada, a DP 4604, o departamento de Vías e Obras da Deputación contempla realizar outras dúas obras de mellora por importe total  de 564.630 euros.As actuacións consistirán na renovación da travesía de Souto, en Toques, e na mellora da capa de rodaxe en dous tramos duns catro quilómetros de lonxitude da citada estrada provincial.

A Deputación investirá 225.556, 78 euros na remodelación da actual travesía de Souto mediante a demolición das beirarrúas actuais e a súa substitución por novas beirarrúas de formigón, que mellorarán as condicións de accesibilidade.

As obras incluirán a ampliación do ancho da beirarrúa no punto quilométrico 7+075, actualmente moi estreito e pouco accesible, e a construción de novos tramos de senda peonil naquelas zonas nas que actualmente non existe paso habilitado para peóns. Tamén se inclúe a dotación dunha nova capa de rodaxe á calzada.

Os restantes 339.073, 59 euros destinaranse para financiar as obras de reforzo e renovación do pavemento da estrada DP 4604 Melide-As Pías por Toques en dous tramos: do PK 1+ 110  ao 3 + 710 e do PK 4+630 ao 6+730, rehabilitando os deterioros existentes no firme actual. Nas zonas con presenza de beiravías, realizaranse fresados previos ao estendido da nova capa de rodaxe. As obras inclúen a renovación do firme coa dotación dunha nova capa de rodaxe de mestura bituminosa en quente e a sinalización horizontal da estrada

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial