Desde as 5,32 de esta madrugada estamos en verán

0

Bisbarra, 21 de xuño do 2021 – Ás 5,32 de esta pasada noite comezou o verán no hemisferio norte  según explica o o director do Observatorio da USC, José Ángel Docobo.

O verán prolongarase ata as 21.21 horas do 22 de setembro. Estes 93,66 días fan que o verán boreal sexa a estación máis longa das catro. Nesta ocasión, a visión das Perseidas na noite do 12 ao 13 de agosto verase favorecida pola fase lunar, que estará entre nova e crecente e que, polo tanto, “non vai estorbar durante a noite”, matiza o profesor Docobo. “Dende lugares sen contaminación luminosa poderían observarse sobre 100 meteoros/hora”, engade.

Por outra banda, os planetas Xúpiter e Saturno, bastante próximos entre si, van poder ser contemplados ao logo de todo o verán. Tamén vai ser destacable a aliñación dos planetas Mercurio, Venus e Marte en agosto, cara o oeste, logo do solpor. Como en anos precedentes, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller impartirá sesións públicas de divulgación da astronomía en 24 localidades galegas, dentro de dous programas no marco do Xacobeo 21-22.

Meteoroloxía

Remata outra primavera seca na contorna de Compostela pero de contrastes típicos desta época do ano. No comezo da estación non houbo precipitacións (2,0 l/m2 nos últimos días de marzo) para logo comezar suavemente ao longo de abril (74,9 l/m2) e incrementarse a mediados de maio (135,9 l/m2). As primeiras dúas semana de xuño foron secas e máis ben calorosas, chegando de novo as choivas a fins da primavera. En total recolléronse en Compostela ao redor de 275 litros/m2 en toda a primavera, o que representa “un rexistro moi curto para o que é a media, case o dobre”, engade Docobo. A temperatura máxima dos últimos tres meses acadouse o día 15 de xuño con 31º8, seguida dos 30º7 do día anterior. En maio, en contra do que viña sendo habitual nos últimos anos, non se pasou dos 27º5 (día 31), temperatura que en cambio superou marzo con 27º8 (día 31).

“Chaman a atención as mínimas medidas os días 2 e 4 de maio, ambas as dúas por debaixo dos 3º”, sinala o profesor Docobo, aínda que a temperatura mínima da primavera, practicamente igual á dos xa sinalados días de maio, foron os 2º5 rexistrados o 27 de marzo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial