Desiree Domínguez, Directora do Arquivo Universitario

0

A pasada semana celebrouse o Día Internacional dos Arquivos 2021. Con ese motivo o Arquivo Histórico Universitario recuperou unha serie de fotografías inéditas do século XIX.

Lindeiros fala con Desiree Domíguez, directora do Arquivo da USC, para coñecer máis de cerca o traballo que fan e o que agocha esta institución.

Unha das primeiras cuestión que poñemos na conversa é o descoñecido que é para a maioría da poboación o traballo que fan

Desiree explícanos que o Arquivo Universitario foi pioneiro no traballo de dixitalización e na actualidade conserva máis de tres millóns de fotografías e documentos en formato electrónico

Gardan documentos do século XIII do fundador da Universidade pero o máis antigo dos recuperados é do século IX e chegou desde arquivos eclesiásticos procedentes da desamortización do século XIX

A directora leva xa varios anos traballando na entidade. Preguntámoslle polos documentos que máis lle sorprenderon ao longo de este tempo

As necesidades do arquivo son moitas. As esixencias maiores cada vez. Desiree Domínguez recoñece que si mañá duplicran o número de empregados terían traballo para todos

A directora do arquivo é unha apaixonada do seu traballo. Gran parte da responsabilidade da implantación da xestión electrónica na USC dependeu deles. Máis alá diso o Arquivo Universitario é a memoria do concello de Santiago, da USC e de gran parte da bisbarra. Un patrimonio que debemos coñecer e apoiar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial