займ срочно

Día de Rosalía

0

Bisbarra, 23 de febreiro do 2022 – Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro conmemorando a data do seu nacemento en 1837.

A Fundación Rosalía de Castro participa e organiza algúns da xornada. Un ano máis toda Galicia celebrará Alboradas e servirá Caldo de Gloria en máis de 200 restaurantes, e 79 comedores escolares, de toda a xeografía.

Rosalía polo artista Teense Garabal

Rosalía en Santiago e Padrón

A Fundación Rosalía de Castro, que xestiona a súa Casa-Museo, participa en actos de Santiago e Padrón, ademais de animar á lectura dos seus textos e á participación no Caldo de Gloria e na Alborada para Rosalía.

Ás 10 en Padrón comeza a xornada coa lectura de poemas do alumnado do Instituto Camilo J. Cela diante da Estatua de Rosalía. A esa mesma hora soará unha Alborada xunto ao Carballo de Conxo.

Ás 11 outra Alborada cos Carapaus, e unha ofrenda floral, terán lugar na Praza de Vigo en Santiago, preto de onde naceu Rosalía en 1837.

O acto central terá lugar ás 12 horas no Hostal dos Reis Católicos. Haberá lectura de poemas rosalianos e a actuación musical de Xisco Feijoo, ademais de Irma Macías, cantante de Luar na Lubre, e Antía Ameixeiras, de Caamaño&Ameixeiras.

Caldo de Gloria

Desde a Fundación repartíronse 45.000 manteis de papel co poema que inspirou a iniciativa do Caldo de Gloria, “Miña casiña, meu lar”, na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. Comezou a realizarse con éxito en 2017, cun seguimento masivo en Padrón, e en 2018 xa se converteu nun evento seguido a nivel galego.

Nesta sexta edición, o encargado de preparar o Caldo de Gloria na Casa-Museo foi o cociñeiro Xoanqui Ameixeiras, que protagonizou o programa da TVG ‘Estache bo’, que poden ver aqui. En anteriores edicións elaborárono cociñeiros como Lucía Freitas, Pepe Solla, Chef Rivera ou Benigno Campos, ademais da escritora Ledicia Costas.

Este ano a iniciativa prosegue coa súa expansión polo país e máis alá, coa participación masiva da hostalería de Padrón e doutras localidades como Santiago de Compostela, Teo, Celanova ou Portonovo. Tamén se unen a esta proposta, alén de entidades como Raigame, a Asociación de Hostelería de Santiago ou a Fundación Curros Enríquez de Celanova.

Na web da Fundación hai instrucións para facer o Caldo de Gloria pero si prefires pasar por un dos moitos locais que o ofrecen o listado está aqui.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies