O Día do Traxe no Apóstolo será o próximo 29 de xullo

0

Compostela, 17 de xullo do 2017 – O 29 de xullo celebrarase a XXXVIII edición do Día do Traxe, no marco das festas do Apóstolo.

A tenente de alcalde, María Rozas, presentou esta cita tradicional, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo secretario da Asociación do Traxe Galego, Francisco Collantes, e do director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés-Galicia, Pati Blanco.

María Rozas agradeceu á Asociación do Traxe Galego que “siga traballando na organización do Día do Traxe, unha das citas máis vistosas da programación do Apóstolo, que permite poñer en valor as nosas vestimentas tradicionais e, con elas, a nosa cultura”. A tenente de alcalde tamén recoñeceu o traballo que realiza o colectivo na recuperación de traxes que “son auténticas xoias que moitas veces aparecen abandonados en faiados, e que é preciso conservar”.

Chamada á participación

O secretario da Asociación do Traxe Galego fixo unha chamada á participación no Día do Traxe, “non só para desfilar, senón para vivir a xornada plenamente coa vestimenta tradicional”. Francisco Collantes apelou especialmente “ás agrupacións de baile e música tradicional de Santiago e da súa contorna para sumárense a este día, que nos da a oportunidade de ver traxes chegados dende calquera punto de Galicia”.

Programa

A celebración do Día do Traxe comezará ás doce do mediodía, co tradicional desfile dende a Alameda ata a igrexa de San Paio de Antealtares. Para participar non é preciso inscribirse previamente.

Xa pola tarde celebrarase o Certame de Traxes. Os participantes deberán congregarse ás 16:00 horas en Bonaval. Ás 19:30 horas comezará dende as portas do Museo do Pobo Galego o desfile ata a praza da Quintana, onde terá lugar a exhibición de traxes e onde se coñecerán os premios do certame.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies