Do Camiño de Santiago ao Kumano Kodo de Xapón

0

Compostela, 17 de febreiro do 2021 – A cooperativa audiovisual Xarda presenta unha peza documental sobre o que une ao Camiño de Santiago e a súa ruta irmá, o Kumano Kodo, en Xapón.

A peza realizouse entre Xapón e Galiza. Presenta a historia e realidades dos dous camiños, o de Santiago e o Kumano Kodo, irmandados desde 1998.

Os puntos en común das rutas son diversos: desde a propia orixe ata os problemas actuais, como o despoboamento do rural das zonas por onde pasan ou os perigos dunha explotación turística irresponsable. Tamén o feito de seren as dúas únicas rutas de peregrinaxe que son Patrimonio da Humanidade.

O audiovisual salta visualmente entre o Camiño eo Kumano Kodo para comparar ambas as dúas rutas.  Ao tempo ofrécense as testemuñas de  diferentes persoas que viven e senten as peregrinacións de diferentes formas; como desconexión, con compoñentes relixiosos ou desde o ámbito do turismo que debe ser sostible e velar polas persoas que viven nas zonas polas que pasan estas rutas históricas.

Protagonistas

Entre as persoas entrevistadas aparecen Itsuko Hori, profesional do turismo afincada en Compostela “Eu ía de pequena a Kumano e non escoitara falar do kumano kodo. Era un camiño cotiá, non é que sexa de peregrinación. Crían que antes de ser Patrimonio da Humanidade tiña que ser un patrimonio local” . Tamén o historiador e xornalista Antón Pombo que, malia que sinala moitas melloras no Camiño nos últimos anos, advirte de que se está a perder o sentido tradicional da peregrinación “Existe o risco de que se converta nun obxecto de consumo, nun obxecto de selfie (…) Son as consecuencias desta explotación con pouca perspectiva de futuro”.

A verdadeira historia da peregrinación de Kumano é contada desde Xapón, con entrevistas a Yamanishi Takeharu, do Centro de Patrimonio da prefectura de Wakayama; Ryoei Takagi, subsacerdote do templo budista de Seigantoji e responsables turísticos como Flavia Ramil de Turismo de Santiago, César Rúa da Oficina do Peregrino e Masanori Okawa do Tourism Bureau de Tanabe (Xapón).

O documental foi realizado e producido pola cooperativa Xarda Sociedade Cooperativa Galega ao abeiro do Fondo X21 da Secretaría de Política Lingüística. O equipo técnico estivo formado por Elena Martín, Pablo Santiago, Kae Fujita, Yayoi Ogawa e Mika Nagao.

Este documental busca que quen o vexa sinta tamén a calma que acompaña a unha peregrinación deste tipo. Acompañádenos nesta viaxe única e irrepetible.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial