займ срочно

As Comunidades de Montes de Dodro analizan este mércores a nova Lei

0

Dodro, 16 de maio do 2022 – O vindeiro mércores a Asociación Forestal de Galicia manterá unha reunión en Dodro, sobre a nova Lei de Montes Veciñais, coas Comunidades afesctadas.

O encontro forma parte do proceso de revisión da nova Lei de Montes Veciñais en Mancomún que se está impulsando desde a Xunta de Galicia. A intención da Asociación Forestal de Galicia é explicar as súas propostas e sometelas a debate para enriquecer o texto final. A cita no local da asociación de veciños San Xoán de Laíño, a partir das 19.30 horas.

Desde xaneiro deste ano, a Consellería do Medio Rural  iniciou o proceso para modificar a Lei de montes veciñais en man común. A tal efecto solicitou dos membros do Consello Forestal de Galicia (do que forma parte a Asociación Forestal de Galicia) que achegaran unha relación dos puntos que cada organización consideraba fundamental revisar, mellorar e/ou borrar ou ampliar na lei actual.

A AFG ten recompilado os problemas máis destacables que presenta a actual redacción da lei de montes veciñais en man común, a partir da súa experiencia de 36 anos traballando coas comunidades de montes. Estas ideas recóllense nun documento que xa se lle presentou á Consellería do Medio Rural e que agora sométese a debate dos implicados. De estes debates sairá o texto da nova lei.

Propostas

Entre as cuestións máis importantes está a condición de veciño o comuneiro xa que é un motivo habitual de disputa. Por outra parte, é necesaria unha certa flexibilidade para facilitar o funcionamento de comunidades do interior galego, en franco declive poboacional.

Tamén se falará da introducir na lei o concepto de colectividade de orixe xermánico das comunidades de montes veciñais.

Outra das perspectivas a abordar é o recoñecemento xurídico. Nos últimos anos ampliouse a capacidade xurídica de obrar das comunidades de montes veciñais e debe recoñecerse na lei.

Por outra banda é preciso revisar a composición do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común (artigo 10), introducindo un maior compoñente técnico e unha nova forma de elixir, por municipio, ao vogal representante das comunidades veciñais, engadíndolle a función de arbitraxe. Cabería tamén debater unha fórmula sinxela para posibilitar a “fusión” de comunidades, sobre todo de lugares dentro dunha parroquia, creando unha nova comunidade conxunta.

A propia organización das comunidades con número elevado de comuneiros, é difícil acadar o quórum mínimo requirido actualmente e isto pode prexudicar a toma de acordos necesarios para a xestión do monte, polo que se fai necesario habilitar fórmulas que poidan permitir unha xestión do listado do comuneiro ante reiteradas faltas de asistencia por un elevado número deles.

É moi importante actualmente introducir un artigo 3 específico sobre titularidade dos camiños e pistas forestais existentes no monte veciñal, así como sobre a necesidade de formalizar contratos coas sociedades de caza que inclúan os montes veciñais nun TECOR.

O crecente uso social dos montes está causando conflitos cos propietarios dos montes veciñais, existindo numerosos casos de camiños e pistas forestais identificados no Catastro e inventarios municipais como de dominio público, cando sempre foron camiños comunais (privados) de servizo do monte.

Estas e outra cuestións serán as debatidas na reunión do vindeiro mércores en Dodro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies