займ срочно

Dodro recupera o roteiro “Pensa Nao” co apoio da Deputación

0

Dodro, 23 de maio do 2022 – O concello de Dodro renovará o roteiro literario “Pensa Nao” coa financiación da Deputación da Coruña.

“Pensa Nao” é un roteiro baseado no libro de Anxo Angueira que percorre o concello de norte a sur. Unha guía que permite visitar os seus principais elementos arqueolóxicos e etnográficos. Os petróglifos da Devesa e de Bouza Badín, o Castro de Bexo ou o conxunto de hórreos de Eira da Lavandeira de Imo son algúns de estes espazos.

O apoio parte da área de Turismo da Deputación, que xestiona o vicepresidente Xosé Regueira. Esta financiación permitirá a renovación da sinalización do roteiro. Os traballos incluirán a colocación de novos postes e paneis informativos nos puntos clave do percorrido que conectan a historia da novela cos espazos xeográficos polos que transcorre.

Xosé Regueira explica que  “Esta nova sinalización contribúe á posta en valor dunha ruta que pensamos que debe funcionar como un reclamo turístico de primeira orde, que conecta un territorio concreto e unha serie de elementos patrimoniais e etnográficos con todo un universo literario, dándolle un dimensión máis ampla e un valor cultural engadido”.

O libro do que nace o roteiro “Pensa Nao”, de Anxo Angueira, foi gañador do Premio Xerais de Novcla no 1999. A sinalización dos espazos en Dodro realizouse no 2009. Premio Xerais no ano 1999. O percorrido ten unha lonxitude de preto de 14 kilómetros e atravesa Dodro de norte a sur, percorrendo os seus principais xacementos arqueolóxicos.

En “Pensa Nao” Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle, o espacio ficcional que recrea o lugar do Souto de Manselle. Sernanselle é a aldea de Dodro Vello desde a que se enxergan as Brañas de Laíño e o río Ulla navegado por dornas e balandros, enchendo e devalando coas marés da Arousa.

“Pensa Nao” é a historia dos seus habitantes nos anos da República, onde a modernización e dinamismo do mundo labrego, a traxedia da emigración, os seculares traballos comunais, a paisaxe e o amor se funden nun expresivo mosaico que acabou por ser esmagado co alzamento fascista. Narrada cunha lingua riquísima e viva e nun estilo inusitadamente épico, “Pensa Nao” é a metáfora dunha Galiza aberta e en marcha, que onte e hoxe se adapta e resiste na dura travesía en procura da súa supervivencia cultural e política.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies