Donativos para reparar Santa María de Teo

0

Teo, 28 de decembro do 2021 – A Unidade Pastoral do Milladoiro e Teo busca apoios para a reparación da igrexa de San María de Teo.

A capela foi afectada, na madrugada do día 24, por un raio que derrubou parte do campanario. O lugar era visitado este luns por representantes dos grupos políticos do concello co alcalde á cabeza.

Os danos do inmoble non soamente afectan á espadana que alberga as campás, se non que tamén á cuberta. As reparacións máis urxentes comezaran xa no mes de xaneiro asumidas pola igrexa.

Ata o lugar acudiron Rafa Sisto, alcalde de Teo; o voceiro do Partido Popular, José Manuel Guerra, e José Manuel Elías en representación do Psoe, xunto con membros da Unidade Pastoral do Milladoiro Teo.

Os representantes políticos manifestaron o seu compromiso na posta en marcha dos resortes administrativos que conduzan á rápida reparación dos danos ocasionados pola tormenta.

A Unidade Pastoral de Milladoiro, Teo e  contorna abriu unha conta para a recadación de donativos para a reparación da Igrexa de Santa María de Teo na Banca ES55 2080 0392 2230 4001 8979. Tamén se poden realizar achegas  via Bizum IDE: 01528 e en liña en  upteo. org.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial