Dous novos minipuntos limpos en Brión

0

Brión, 22 de xuño do 2021 – O Concello de Brión vén de instalar dous minipuntos limpos no municipio, emprazados no parque municipal de Brión e na avenida Vicente Ramos (Os Ánxeles).

En estes minipuntos limpos a veciñanza poderá depositar ata sete modalidades de residuos. Pilas e baterías usadas, teléfonos móbiles, CDs e DVDs, lámpadas de baixo consumo, cartuchos de tinta de impresora e pequenos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos que leven pilas ou se enchufen á corrente (RAEE).

A instalación é froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Brión e a firma Blipvert, sen custe para as arcas municipais. O primeiro deles está emprazado na entrada do parque municipal de Brión, fronte ao campo municipal de fútbol; mentres que o segundo está na avenida Vicente Ramos, á altura da estación de servizo e onde tamén están colocados contedores de recollida selectiva de aceite de cociña usado ou de roupa usada.

O alcalde, Pablo Lago, apunta que “con esta iniciativa buscamos facilitarlle aos veciños uns lugares onde depositar estes residuos ata que poidamos desenvolver a construción dun punto limpo en conxunto con Ames. Ademais, estes minipuntos veñen complementar a rede de recollida selectiva xa existente en Brión”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial