Dúas aulas pechadas e 46 positivos en colexios da bisbarra

0

Bisbarra, 7 de outubro do 2020 – Os positivos en colexios volveron a actualidade onte despois do sucedido en Ventín, unha corentena innecesaria pero sobre a que se alertou a destempo.

Ao pe de este artigo repasamos os feitos, contados onte por Lindeiros.gal desde media mañá, pero imos a continuación a repasar a situación nos colexios da bisbarra.

Só dúas aulas pechadas na bisbarra

O informe emitido onte pola Consellería sobre casos en colexios só recolle dúas aulas pechadas en toda a Área Sanitaria. A primeira delas está na escola Infantil de Ribeira con un casos positivo. A segunda en Santiago, na Escola Infantil de Salgueiriños, con 3 casos positivos.

En total en toda a Área Santiago Barbanza hai 46 casos detectados en colexios. O número maior por centro o atopamos en Santiago nos CPR Plurilingües La Salle e San José de Cluny con 4 casos cada un e sen aulas pechadas.

A mencionada escola de Salgueiriños en Santiago, a de Ventín en Ames e o CEIP Xacinto Amigo Lera de Val do Dubra teñen recoñecidos 3 casos positivos cada un.

Os IES Cachada en Boiro, Felix Muriel en Rianxo e Eduardo Pondal en Santiago, así como o CEIP de Pedrouzos en Brión e o CPR Compañía de María en Santiago teñen 2 positivos cada un.

O resto de colexios, ata un total de 19 en toda a bisbarra, teñen un só positivo e están ubicados en distintos concellos como Silleda, Ribeira, Oroso, Boiro, Noia, Rianxo e Santiago.

O caso de Ventín

Dúas aulas pechadas e 46 positivos en colexios da bisbarraA comunidade escolar de Ventín en Ames recupérase do susto dun positivo que, según confirmou Sanidade a Lindeiros.gal, non chegou a estar en contacto cos compañeiros.

O domingo algunhas familias reciben chamadas de rastrexadores informando que remataba unha corentena da que ninguén informara de que comezaba. O luns a ANPA As Brañas envía unha queixa a Educación, Sanidade e ao Colexio interesándose polo positivo e reclamando os datos que se tiveran; ao mesmo tempo publica unha pequena nota no Facebook.

Lindeiros ponse en contacto coa ANPA e, ao tempo que publicamos a nova sobre as 11:20 da mañá, poñémonos en contacto co gabinete de prensa da Área Sanitaria de Santiago. As cinco e media da tarde, tras investigar o sucedido, o gabinete devólvenos a chamada e nos remite unha declaración formal.

Sanidade explica que en Ventín detectáronse 3 casos froito do cribado de 3.000 persoas realizado en Ames por causas que non teñen que ver coa escola. Tamén nos din que o rapaz en cuestión levaba xa en corentena, na súa casa, desde o día 24 de setembro por ser contacto estreito dun positivo. O SERGAS engade que “Ese Neno, que na enquisa do día 29 de setembro permanecía asintomático, confirmouse como caso covid positivo o día 02 de outubro, polo que, segundo se recolle no protocolo do Ministerio de Sanidad, a súa última asistencia a clase non supuxo risco de transmisión”

Con respecto ás chamadas Sanidade explica que “As chamadas recibidas para levantar a corentena de 10 días desde o último contacto con ese alumno, corentena  que non se tiña establecido por innecesaria, foi froito do envío dun expediente que se emitiu por error. O circuíto xa foi aclarado co colexio”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial