Dúas comunidades de montes do Barbanza no proxecto de Compensación de CO2

0

Bisbarra, 3 de novembro do 2021 – As comunidades de montes de Postmarcos (A Pobra do Caramiñal) e de Nebra (Porto do Son) foron as primeiras do Barbanza en inscribirse no Rexistro de Compensacións de CO2 do Ministerio de Transición Ecolóxica.

Estas comunidades de montes executaron sendos proxectos de restauración forestal que presentan importantes novidades. A inscrición no  O Rexistro de compensación de CO2 pódelles permitir a ambas comunidades do Barbanza captar fondos do mercado de carbono, de xeito que poidan empregar eses cartos en continuar cos traballos de recuperación e mantemento dos seus montes.

A comunidade de montes de Nebra (Porto do Son) inscribiu nese rexistro a restauración executada nunha superficie de 15,37 hectáreas, que se forestou principalmente con piñeiro do país e, en menor medida, con freixos.

No caso de Postmarcos (A Pobra do Caramiñal), o proxecto constitiu na plantación con piñeiro do país nunha superficie de 4,18 hectáreas que estivera desarborada polo menos desde o ano 1989. A restauración beneficiou a unha zona de monte de elevada pendente e pedregosa. En consecuencia, non se espera un gran rendemento comercial do piñeiral plantado, que a comunidade se compromete a manter un mínimo de 50 anos, pero a comercialización do CO2 capturado preséntase como unha vía para aumentar a rendibilidade da iniciativa.

Os dous proxectos de restauración implicaron a plantación de máis de 20.000 árbores, que durante o seu tempo de permanencia no monte captarán máis de 8.000 toneladas de dióxido de carbono da atmósfera, contribuíndo así a mitigar o cambio climático. En Postmarcos, está previsto capturar arredor de 2.536 toneladas de CO2, en tanto que en Nebra a previsión é de 5.931 toneladas.

Os fondos que se capten mediante a comercialización do carbono destinaranse de xeito íntegro a continuar os traballos de recuperación e mantemento dos montes. Os proxectos de restauración contaron co apoio e coordinación da Asociación Forestal de Galicia, e están incluídos dentro dun plan de restauración de superficies degradadas que se está a desenvolver a nivel autonómico.

O obxectivo principal deste plan, que se realiza simultaneamente nas catro provincias galegas, é o de captar financiamento daquelas empresas que estean interesadas en compensar de xeito voluntario a súa pegada de CO2. Con eses fondos preténdese acelerar o proceso de recuperación dos montes que fosen afectados polos incendios forestais nos últimos anos, ou ben promover a reforestación daquelas superficies que se atoparon rasas ao longo dos últimos 30 anos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial