Duras críticas aos orzamentos participativos de Ames

0

Ames, 18 de novembro do 2020 – O Partido Popular cualifica  de “fracaso estrepitoso” os orzamentos participativos de Ames que descenderon, din, nun 65% no cómputo xeral, e un 16% no que respecta ao rural, no número de propostas.

O PP amiense engade que esta diminución da partición sucede nun ano no que se dobrou o importe destinado a financiar actividades e no que se estenderon a outros ámbitos deixando de ser exclusivos do rural. Lembran ademais que o custo de poñer en marcha os orzamentos participativos, en consultoría externa, foi de 24.000 euros.

Un modelo que non funciona

O Partido Popular explica que o modelo usado para os orzamentos participativos foi deseñado pola empresa que o fixera no 2018 e que “volveu a cobrar  11.979,00 euros polos seus servizos e pouco achegou ao modelo anterior”. Engaden que o prazo de presentación de propostas tivo que ser ampliado, se simplificaron os trámites e usouse un modelo mixto presencial e telemático que non conseguiu unha maior participación.

Anos anteriores

O PP fai un resume do acontecido nos últimos anos e lembra que no que nos primeiros orzamentos participativos, os do 2017, destinados exclusivamente ao rural, presentáronse 186 propostas. En este 2020 o total de propostas recibidas foi de 225 para os distintos ámbitos, sendo o número, para investimentos no rural, de 156 propostas, un 16% menos que no 2017.

No exercicio 2018 engadiuse aos orzamentos participativos unha partida de 60.000 euros para investimentos vinculados á mocidade, o que supuxo que se realizasen 103 propostas relacionadas con estes investimentos. En total, presentáronse 490 propostas; das cales foron rexeitadas o 71% delas; co que as propostas definitivas quedaron en 158 propostas (112 propostas para o rural e 46 para a mocidade).

Os populares son ainda máis críticos con 2019 do que din que “os orzamentos participativos foron  un  auténtico  cambalache  no que abundou a falta de participación, información  e  trasparencia”. Engaden que o ano pasado “o procedemento limitouse, na maioría das parroquias,  a montar sobre a marcha unha reunión urxente na que aos asistentes pedíuselles achegas, as cales non foron formalmente sometidas nin a exposición nin a votación veciñal, polo que non existen datos fiable sobre o número de propostas presentadas”.  Estes orzamentos do 2019 foron aprobados en pleno, explican, pola fórmula de  “Moción polo Procedemento de Urxencia,  por un importe de máis de 120.000 euros”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial