Eleccións 2019: comezan a definirse as candidaturas da bisbarra

0

A carreira polas alcaldías de cara as eleccións 2019 xa está en marcha na bisbarra. Desde que comezou setembro pouco a pouco foron agromando xa algunhas candidaturas ou polo menos movementos importantes de cara aos comicios.

PP

Xestora PP de Ames

O partido popular renovou nas últimas semanas a candidatura de Agustín Hernández para as eleccións 2019. Terá que leirar co pasado pero sen escusas xa que esta candidatura será a súa, sen rémoras asumidas. Hai tamén pouco máis dunha semana que normalizábase a nivel de rúa o que xa era normal internamente: a integración de Pacto x Ames no PP; onte a xestora local seguía na liña prevista por todos, propios e foráneos, de nomear candidato a Ramón García Argibay e esta tarde será presentado no Milladoiro xunto cos alcaldables de A Baña, Boqueixón, Brión, Dodro, Negreira, Padrón, Rois, Santa Comba, Santiago, Teo y Vedra. Esta presentación na Casa da Cultura do Milladoiro intenta reforzar a aposta por Ames e demostra, como sucedera hai catro anos, que o Milladoiro pesa moito cando chegan as eleccións.

En Marea e as mareas

Xente de Rois

Aínda que as críticas veñen sempre dos outros partidos por ser un totum revolutum o certo é que o proxecto En Marea define unha clara liña de cara as municipais ofrecendo unha cobertura as mareas integradas no proxecto. Hai unhas semanas coñeciamos que Xente de Rois asinaba este acordo e o concelleiro Pere Tobaruela explicaba de forma clara este tipo de alianzas “que permite un traballo desde abaixo, con total autonomía asumindo unhas directrices comúns que nos caracterizan a ambas as dúas forzas. Un acordo necesario para afrontar con garantías e un forte apoio unhas eleccións nas que hai que intentar desbancar nun marco democrático a unha maioría absoluta do PP”.

Tamén Ames Novo asinou dita colaboración aínda que en este caso era algo esperado xa que foi un dos impulsores de En Marea desde o inicio. O candidato, despois dunhas primarias con pouca participación, será Quique Costas. Ames Novo enfróntase a marcha hai uns meses de Pilar Candocia, referente da agrupación nos últimos anos, e a incógnita de Podemos, tamén cos seus propios problemas.

Psoe

Os socialistas desvelan algúns candidatos como José Antonio Pereira, elixido secretario xeral e candidato en A Baña. Ao mesmo tempo mantén o suspense en lugares tan importantes como Santiago e quedase entre lusco e fusco en outros coma Ames onde todo o mundo espera que sexa José Miñones, actual alcalde, aínda que non o anunciaran aínda.

Tamén está no aire a alcaldía de Negreira onde é posible que non se presente Jorge Tuñas; o relevo de todos xeitos, a falta do que decida a agrupación, parece evidente xa que Manuel Ángel Leis exerceu de rexedor durante varios meses está mesma lexislatura.

Máis alá dos que están

Máis alá dos que están nos concellos, xa sexa gobernando ou na oposición, están os que chegan. Ciudadanos parece disposto a presentarse en varios concellos ao igual que Compromiso x Galicia. Os rumores falan de candidaturas veciñais en algúns sitios nos que o pobo está bastante enfado cos que gobernan pero non hai nada concreto. Como cada vez que hai eleccións xurde a idea dunha candidatura en Ames centrada no Milladoiro e para o Milladoiro, irá desta?. No que parecen coincidir uns e outros, os que chegan e os que están e que non hai maioría absolutas e as poucas que existen tenden a desaparecer.

Quedan nove meses así que iremos contando en Lindeiros como vai todo con ecografías sucesivas da situación.

Se queredes enviar calquera información, oficial ou oficiosa, podedes facelo a redacción@lindeiros.com ou a través de mensaxes privados nas nosas redes sociais: Twitter, Facebook e Instagram , se non sodes unha agrupación oficial deixádenos un nome, un DNI e un teléfono que non serán revelados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial